Burela, 28 de novembro de 2013. Este xoves reuniuse na sala da xuntas do Concello de Burela o padroado da Fundación Expomar. Na orde do día figuraban dous puntos: valoración da presenza de Burela en Cabo Verde e aprobación do plan de actuación para o exercicio de 2014.
O alcalde e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, sinalou que “a presenza de Burela na feira celebrada en Cabo Verde hai un mes foi moi positiva, porque servirá para estreitar aínda máis os lazos en materia pesqueira entre o noso porto e ese país. Foi unha primeira experiencia e toma de contacto na que nós quixemos estar presentes, de xeito moi humilde porque os medios económicos son os que son. Xunta de Galicia, Fundación Expomar e sector pesqueiro burelés seguirán traballando neste sentido ao longo dos vindeiros meses”.
O padroado da Fundación Expomar aprobou o plan de actuación para o 2014, que inclúe a celebración de varios eventos de suma importancia para Burela. As XXI Xornadas Técnicas Expomar e o XV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras terán lugar os días 22 e 23 de maio e a XIII edición de Produart terá lugar do 8 ao 10 de agosto. González Barcia dixo que “a Fundación Expomar xa está a traballar na organización de estas citas que supoñen un impulso importante para a economía e para a hostalería do noso pobo, ademais de para os sectores implicados directamente en ambos eventos”. Dentro do plan de actuación para o vindeiro ano tamén se inclúe a asistencia a feiras, congresos ou xornadas, o encontro de palilleiras ou a participación na reunión do GAC zona 1 A Mariña-Ortegal.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



