Burela, 12 de novembro de 2013. O alcalde de Burela, José María González Barcia, reuniuse na tarde deste martes coa presidenta e con directivos da asociación de veciños O Vencello para informar ó colectivo veciñal da actividade do equipo de goberno e recoller as suxerencias e aportacións dos veciños.
González Barcia, que calificou a reunión de “positiva e cordial”, informou á directiva de O Vencello daquelas grandes cuestións que preocupan ós veciños. Así, manifestou que o equipo de goberno traballa nuns presupostos municipais para 2014 que “non permitirán alegrías, pero garantirán a prestación dos servicios municipais, a pesares da situación económica complexa e difícil que o Concello está a vivir, derivada da necesidade de pagar as facturas herdadas do bipartito e que ascenden a un millón trescentos mil euros”.
No que se refire á economía municipal, o alcalde trasladoulle á directiva do colectivo veciñal que “si queremos seguir tendo un servicio de recollida de lixo que recicle adecuadamente e consonte á legalidade vixente, temos que seguir enviando o lixo a Sogama e polo tanto teremos que asumir o incremento do canon a pesares de que por suposto non nos gusta nada de nada.” Barcia indicou que “nestes momentos estamos vendo cal é o incremento real que nos supón ó noso concello”.
Noutro orde de cousas, o Plano Xeral de Ordenación Municipal foi outro asunto abordado: “acabamos de remitir unha documentación que nos solicitou a Secretaría Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia e polo tanto os trámites continúan a súa marcha, ainda que cada vez queda menos para a aprobación definitiva do PXOM”. O alcalde non se manifestou con rotundidade sobre o momento da aprobación definitiva: “máis importante é que o documento cumpra as expectativas do noso concello e do noso tecido socioeconómico”. Sobre a urbanización de Torrentes González Barcia asegurou esta tarde que se abrirá en breve.
Finalmente, a asociación de veciños O Vencello plantexoulle ó rexedor algunhas cuestións relacionadas con asuntos menores, como reparación de camiños, etc.