Burela, 12 de novembro de 2013. O alcalde burelés, José María González Barcia, xunto cos concelleiros de Mar, Obras e Economía, Patricia López Eijo, Manuel Fernández Valle, e José Casas Martínez, respectivamente; e técnicos de Armón e Varadeiros Vibu, supervisaron este martes os traballos de mantemento que se levan a cabo no barco museo Reina del Carmen nas instalacións do asteleiro burelés.
Os técnicos de Armón e Vibu explicáronlle ao alcalde o alcance dos traballos que se están a facer, consistentes basicamente en sanear as partes do casco que se atopan en estado deficiente, concretamente dúas tracas e un anaco de carel, e en acondicionar o casco do buque para que continúe prestando os seus servicios como barco-museo.
Á vista dos traballos que hai que realizar, o barco volverá ao seu punto de atraque no peirao burelés na vindeira semana, agás inconvenientes de última hora. Ao respecto, a concelleira do Mar, Patricia López Eijo, manifestou que “o estado xeral do barco é satisfactorio; de feito, estaba bastante peor hai dous anos dado que levaba catro anos sen subir ao carro. Tal e como adiantamos a semana pasada, as partes que se atopan en estado máis deficiente non representan un problema serio. De todos os xeitos, estamos sopesando a posibilidade de facer as revisións do casco máis a míudo”.
López Eijo indicou que “o barco seguirá prestando os seus servicios como o veu facendo ata o de agora, con visitas previa cita e guiadas. De feito, estamos planificando coa Concellería de Turismo unha campaña de difusión do barco museo entre os centros de ensino similar á que se fixo hai aproximadamente dez anos e que tan bos resultados tivo”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



