O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, e membros do seu equipo de goberno participaron o pasado sábado na homenaxe tributada a Aleixo, un surfista burelés que morreu hai sete anos. O rexedor destacou a súa bonhomía. O acto celebrouse na praia de A Marosa, dentro dunha proba de surf puntuable para o campionato galego. O alcalde e as concelleiras de Mar e Deportes, Patricia López e Beatriz Piñeiro, entregaron os premios aos gañadores nas distintas categorías. González Barcia comentou cos representantes da Federación Galega de Surf a posibilidade de que Burela sexa sede permanente dunha proba do campionato galego deste deporte, do que xa houbo probas na praia da Marosa hai uns quince anos.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



