Mario Pillado Mon tomou posesión como concelleiro do BNG, en substitución de Neves Cando, no pleno municipal extraordinario celebrado hoxe en Burela. Pillado, agradeceu na súa primeira intervención o traballo realizado por Cando ao longo dos últimos 14 anos e mostrou o seu compromiso para defender os intereses da maioría dos veciños e veciñas de Burela. Mario afirmou que “máis que nunca, no actual contexto de crise sistémica que está a afogar ás maiorías socias do noso País, se fai precisa a presenza dunha forza política como a que o BNG representa, que defenda os intereses das maiorías e os nosos sectores produtivos”.
O portavoz municipal do BNG tamén mostrou a súa sorpresa pola declaración de urxencia do pleno celebrado hoxe para aprobar a suba do canon de SOGAMA. En palabras de Pillado “resulta sorprendente que se teña tanta présa por aprobar unha suba que repercutirá no recibo que pagan todos os veciños e veciñas, que terán que asumir este incremento tarifario a partir do 1 de xaneiro de 2014”. Por outra banda, lamentou a “actitude demagóxica do alcalde nesta cuestión, que aplica esta medida sen demandar á Xunta a retirada deste aumento nos orzamentos do próximo ano e que repercutirá directamente nos veciños e veciñas de Burela”.
O BNG votou en contra da suba do canon de SOGAMA e exixiu a retirada do incremento do canon de Sogama que o goberno do PP na Xunta quere aplicar en 2014 e que suporía un incremento de preto do 34% aos concellos, pasando de 56 a 75 euros por tonelada tratada de lixo, sen contar o IVE. O goberno do PP na Xunta quere cargarlle á cidadanía novamente o recorte que o Goberno central do PP decidiu sobre as tarifas para percibir pola coxeración eléctrica. Desta maneira, ante a caída de ingresos que sufrirá Sogama pola xeración de enerxía, óptase por este incremento para cargarlle as perdas á cidadanía. Así fan posíbel que Sogama teña no 2014 uns beneficios de 7 millóns de euros’.
O portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, remarcou que “este feito vén confirmar as denuncias do BNG sobre o fracaso do proxecto Sogama e o Plano de Residuos implantado polo PP na Xunta de Galiza, que defende a incineración, sen ter en conta a redución, a reutilización directa e a reciclaxe de residuos, a compostaxe, e a proximidade no tratamento, máis sustentábel ambientalmente e de menores custos. Ademais, no complexo de Sogama nin sequera unha porcentaxe significativa dos residuos se valorizan ou se reciclan, senón que simplemente se enterran”.
Engadiu que ‘os sucesivos gobernos do PP na Xunta tiveron empeño en impedir a existencia de plans alternativos como o iniciado no Morrazo e na Barbanza, modelos que priorizan a reciclaxe e compostaxe e mostran custos máis sensatos, para alén de crear máis emprego directo. De feito, a transformación de modelo de xestión dos RSU da Xunta de Galiza podería supoñer uns 2.000 novos postos de traballo con base en proxectos de comarcalización, cun menor custo ambiental e redución do custo de transporte’.
Finalmente, Pillado dixo que ‘hai que revisar o Plan de RSU Galiza 2010-2020, eliminando a previsión de construír un nova incineradora e apoiando un modelo que supere Sogama, mediante proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe, que posibilite a creación de emprego e alcanzar os obxectivos e recollida selectiva e reciclaxe dos modelos en funcionamento máis avanzados’.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



