Dentro da programación do Ciclo de Teatro de Outono organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz esta fin de semana haberá dúas representacións a cargo do grupo O Batán, de Cangas. A primeira será no teleclub de Vilaronte mañá, sábado, ás 19 horas, despois de cambiarse o horario previsto inicialmente. E a segunda será na antiga escola de San Acisclo o domingo, día 17, ás 18:30 horas. Nos dous casos O Batán representará a obra titulada Cambadelas, unha comedia escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.
O Batán en Vilaronte e San Acisclo