Viveiro, 8 de novembro de 2013. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro, convoca ás veciñas e veciños de Viveiro, a unha concentración baixo o lema “Por un Viveiro aberto ao mar”, que terá lugar o vindeiro día 23 de novembro de 2013 ás 12.30 horas.
O Portavoz Municipal do BNG Bernardo Fraga declarou esta tarde “ O BNG convidamos á cidadanía a concentrarse na defensa dunha das zonas máis importantes do noso Concello, como é o Muelle Vello, que se atopa nun estado lamentable e en constante deterioro, no que non pode continuar, e o Porto Deportivo, cunha nefasta xestión por parte de Portos de Galiza”
O BNG de Viveiro, realiza 6 demandas na concentración do día 23, como son; Demolición dos galpóns, reparación e mellora do Muelle Vello, retirada das casetas de obra do Porto Deportivo e devolución do edificio da Garda Civil do Mar, Eliminación do valado exterior do Porto Deportivo, cumprimento da lei de Símbolos e da Lei de normalización lingüística no porto, dragado dos accesos ao porto deportivo e normalización das relacións do Concello de Viveiro e Portos de Galiza.
Ademais, Fraga declarou “En dez anos de goberno de responsabilidade socialista, nada se ten avanzado na mellora do Muelle Vello, foron moitas as promesas, pero ningunha solución” “O entorpecemento mutuo entre o Concello, Portos de Galiza e o Departamento de Costas, provoca o abandono no que se atopa o peirao vello de Viveiro”
Así mesmo, o BNG, presentará nos vindeiros días, a través do Grupo Parlamentario, unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galiza, para a inclusión dunha partida para a recuperación das concesións, demolicións dos galpóns e proxecto de mellora integral do Muelle Vello de Viveiro.
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.



