Burela, a 15 de novembro de 2013. O Concello de Burela acometerá reformas no parque Rosalía de Castro cun investimento total de 37.277 euros, dos que a Xunta de Galicia aportará a través dunha subvención un total de 29.822 euros. O Concello burelés só aportará 7.455 euros.
O alcalde burelés, José María González Barcia, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, supervisaron esta mañá as zonas do parque nas que se actuará. En concreto, segundo sinalou o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, “vanse substituír os xogos da zona destinada ós medianos, e vaise gañar como superficie de xogos un pasillo duns corenta metros cadrados que agora mesmo serve para separar a zona de pequenos da zona de medianos, aínda que ambas continuarán tendo as súas características específicas e as súas propias delimitacións”.
Fernández Valle afirmou que “con esta actuación, o parque Rosalía de Castro vai mellorar substancialmente, e así cumprimos por un lado co noso compromiso de mellorar as instalacións do parque e por outro coa petición que a asociación de veciños O Vencello lle plantexou ó alcalde sobre este asunto”.
O edil de Obras e primeiro tenente de alcalde manifestou que “as previsións pasan por ter esta actuación feita antes das festas de Nadal, en todo caso antes de final de ano. Os elementos que se retiren serán arranxados e boa parte deles colocaranse no parque infantil de O Cantiño, xa que entendemos que alí, con menos uso, poden dar un bo servicio e manterse máis no tempo”.
Manuel Fernández Valle recoñeceu “a importancia da colaboración da Xunta de Galicia para levar a cabo esta actuación. Unha achega do oitenta por cento facilítanos as cousas; de non ser así, teríamos difícil levar a cabo esta remodelación do Parque Rosalía de Castro”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



