O Consello da Xunta analizou esta mañá o proxecto de Decreto polo que se regula a comercialización en orixe dos produtos pesqueiros en Galicia. O novo texto ten por obxecto desenvolver e mellorar a comercialización en orixe dos produtos pesqueiros, fomentando o desenvolvemento dun comercio responsable que garanta a sustentabilidade dos recursos, así como a súa calidade. Ademais, impulsa os procesos telemáticos co emprego das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), que redundan na mellora da rastrexabilidade e identificación dos produtos pesqueiros.
O proxecto de decreto regulará a primeira venda dos produtos pesqueiros vivos, frescos ou refrixerados, procedentes da pesca e do marisqueo, así como dos produtos procedentes da acuicultura, e dos conxelados e ultraconxelados, sen transformar ou transformados a bordo. Ademais, recollerá os requisitos que deben cumprir os lugares de desembarque ou descarga de todos estes produtos.
Recollerá tamén as obrigas de control da primeira venda, tanto se é en lonxa como se non, así como a expedición de documentos relativos ao desembarque ou descarga e ao transporte dos produtos pesqueiros, establecendo a rastrexabilidade como principio básico da comercialización en orixe. O proceso que teñen que seguir os produtos pesqueiros desde o seu desembarque ou descarga nun porto ou desde a súa introducción no noso territorio ata que se realiza a primeira venda nas lonxas ou centros autorizados, así como a actividade das vendedorías, son outros dos aspectos que regulará este proxecto de decreto.
Vantaxes
O futuro decreto beneficiará os axentes comercializadores, os consumidores e a propia Administración. Así, a través del, os axentes comercializadores aseguran a calidade e posibles certificacións dos produtos. Por outra banda, aos consumidores proporcionaralles confianza respecto da orixe dos produtos pesqueiros e para a Administración suporá unha mellora nos programas de control sobre os produtos pesqueiros e facilitaralle a xestión de incidencias ou alertas de seguridade.
Con este texto, a nosa Comunidade contará cunha norma actualizada e adaptada á regulamentación estatal e comunitaria en materia de control da comercialización dos produtos pesqueiros. Ademais, o novo decreto integrará por primeira vez toda a normativa galega e estatal nesta materia substituíndo as anteriores normas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



