Mondoñedo, 06 de novembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo, a través da súa voceira Elena Candia, vén de dirixir un escrito ao alcalde do municipio, Orlando González, no que solicita que dende o goberno local se habiliten puntos de información nas parroquias sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Na mesma instancia os populares piden que as parroquias que conten cun lugar axeitado para a exposición ao público, podan ter ao seu alcance os planos e a documentación necesaria para entender o contido do Plan. É dicir, que se doten os centros sociais de copias da información que faciliten a consulta aos veciños.
Os populares rexistraron este escrito despois de que onte, e por un prazo de dous meses, dese comezo o período de exposición pública do PXOM. Dende o PP consideran que, dada a dispersión da poboación de Mondoñedo así como a idade media dos veciños, é necesario facilitar aos residentes do rural a participación nos asuntos importantes do concello.
Neste senso, os populares resaltan a pretensión de achegar a administración ao cidadán; e na mesma liña de implicarse nesta tarefa informativa, o PP local reitera a súa disposición aos veciños e lembra que abrirá todos os sábados de 10:30 a 13:30 horas a sede local onde se poderá consultar a documentación sobre o PXOM e se informará sobre este plan.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



