A Coruña, 8 de noviembre de 2013.- O Ministerio de Industria, Energía y Turismo (MINETUR), a través da Entidad Pública EmpresarialRed.es e o Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación, a través da Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), promoven axudas dirixidas á implantación de novas tecnoloxías en Organizacións Non Gubernamentais dedicadas á cooperación ao desenvolvemento (ONGDs). A iniciativa, á que poderán acceder 135 ONGDs, ten un orzamento de 3.362.000 euros, dos que 379.205 euros se destinan a Galicia, e será xestionada por Red.es e AECID ata 2015.
Preto de 15 ONGDs galegas poderán beneficiarse destas axudas en especie que consisten na implantación dunha solución integral para a xestión e xustificación de proxectos e convenios valorada en 25.000 euros. A solución prestarase como un servizo e inclúe a provisión, instalación, configuración, probas, capacitación e asesoramento básico. Permitirá dotar ás ONGDs do equipamento necesario para acceder a servizos e aplicacións aloxadas directamente na nube, facilitando a accesibilidade, mobilidade e a optimización no uso dos recursos.
En concreto, proporcionarase a cada beneficiario dos ordenadores portátiles e equipamento para a impresión e dixitalización de documentación, así como acceso a diversas aplicacións ofimáticas e a ferramentas para a dixitalización certificada de facturas, conforme á normativa da Axencia Tributaria. Tamén, se implantará a aplicación de xestión e reporte “GONG-R”, prestarase asistencia para a carga inicial de datos na mesma e se facilitará capacitación no seu uso.
Destinatarios
Poderán optar á convocatoria todas as ONGDs inscritas no Rexistro de ONGD ou nun rexistro análogo rexional, que sexan beneficiarias de subvencións públicas para polo menos un proxecto ou convenio de cooperación ao desenvolvemento. Ademais, no momento de solicitar a axuda, deberán estar pendentes ou en trámite da xustificación de dita subvención. Entre os requisitos establecidos tamén se inclúe dispoñer de polo menos dous traballadores en plantilla, ter un contrato de conexión a Internet de Banda Ancha e estar ao corrente do pago das obligacións tributarias e coa Seguridade Social.
Presentación de solicitudes
As ONGDs poden solicitar as axudas ata o 17 de decembro. As solicitudes tramítanse a través da sede electrónica de Red.es (https://sede.red.gob.es/). Puede obterse máis información no teléfono 901 900 312 e a través do correo electrónico convocatoria.gong@red.es. As bases íntegras da convocatoria están dispoñibles no perfil do contratante da páxina web de Red.es (http://www.red.es/redes/node/37138 ).
Iniciativa pionera
É a primera vez que se convocan axudas para impulsar o uso das novas tecnoloxías nas ONGDs, en consonancia cos obxectivos da Axenda Digital para España de Fortalecer a industria TIC mediante o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos en servizos públicos, e de promover a cooperación e a colaboración con organizacións, empresas e axentes sociais en materia de Administración electrónica.
A convocatoria enmárcase no Programa “ONGs en Red”, que é un proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que permite contribuír á corrección dos principais desequilibrios rexionales da Comunidade, cunha aposta polo axuste estructural das rexións menos desenvolvidas e a súa reconversión socioeconómica.
Na iniciativa colabora o Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías de Información e a Comunicación basadas en fontes abertas (CENATIC).























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



