Santiago de Compostela, 26 de novembro de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, reclamoulle á Xunta que habilite axudas ao sector mexilloeiro e marisqueiro afectado polo peche pola marea vermella de outubro. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Medio Rural e Marítimo para dar conta daquel episodio de biotoxinas.
O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que clarifique “qué vai facer o seu goberno no canto ás axudas” e clarificar “por qué se tomou a decisión” de paralizar as análises elaboradas polo Intecmar durante a primeira fin de semana. Isto provocou o retraso da alerta e a destrución de todo o produto extraído durante a xornada do luns, malia que as primeiras toxinas foran detectadas o xoves.
Val criticou o traballo “con improvisación e de xeito desorganizado” por parte do goberno galego, repetindo a situación vivida na marea vermella da Semana Santa, na que o Intecmar tamén pechou durante a ponte. Esta xestión, dixo, provocou que en só unha xornada de traballo se perderan 500.000 euros na extracción de moluscos e mesmo superiores no sector mexilloeiro, ademais do dano á imaxe e prestixio do sector.
O portavoz de Pesca do grupo Socialista acusou ao goberno galego de “non poñer os medios para minimizar o impacto do episodio de marea vermella, paliando os danos económicos, as alertas sanitarias ou para non danar a imaxe do sector”. Criticou que, polo contrario, “tendo ás portas un dos episodios mais virulentos de biotoxina ninguén se dera conta e pecharan o Intecmar ata o luns”.
Os socialistas galegos reclamáronlle ao goberno galego a depuración de responsabilidades políticas por ter pechado as análises durante a fin de semana “ e pedir declaracións ao sector por ter asegurado que as perdas resultaban insignificantes”.
Crise do sector
O deputado socialista criticou a “autocomplacencia” amosada polo goberno galego, que coa súa xestión está a desmantelar un sector que pasou de ser refuxio de traballo a pasar en cinco anos de 4.500 a 3.900 permisos de explotación. Advertiu que os mariscadores mesmo está perdendo a confianza no goberno galego, criticando a xestión do Intecmar e chegando a facer as súas propias analíticas.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



