Barreiros, 28 de novembro de 2013. A serie de obras do artista plástico barreirense Celso Dourado titulada Represaliados exporase na biblioteca municipal de Viveiro dende este sábado, 30 de novembro, ata o 15 de decembro. Na inauguración actuará o músico bielorruso Vadim Yukhnevich, que interpretará pezas que foron populares durante o período da Segunda República.
“A exposición está organizada polo colectivo cultural Pensamento e Sementeira e dado o éxito que acadou en Mondoñedo decidiron poñerse en contacto comigo para ver se era posible levar a cabo este proxecto en Viveiro”, explicou Celso Dourado, quen anunciou que “será inaugurada este sábado, día 30 de novembro, ás sete da tarde na biblioteca municipal, que era a antiga Casa do Concello e que está situada na Praza Maior. Aparte dunha breve intervención miña explicando o motivo dos cadros vai actuar Vadim Yukhnevich, que é un músico bielorruso cunhas capacidades de sobra coñecidas e que neste caso vai facer unha serie de interpretacións de músicas moi coñecidas no período da Segunda República española, como poden ser ¡Ay Carmela! ou A las barricadas; penso que vai ser moi interesante”.
Represaliados é unha serie de cadros de Celso Dourado na lembranza do comandante Moreno, “onde o motivo principal a representar son pés e da unha idea do que foi a represión naquela España do 36; as cores son moi importantes: o morado republicano, o verde esperanza, o vermello, o amarelo, … E todo iso configura o forte desta exposición, que ten moito contido social e emocional; é figurativa, por suposto, e non deixa indiferente a quen a visualiza”.
A mostra vai estar aberta ata o 15 de decembro e o horario de visitas será de 19 a 20:30 horas todos os días.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



