Ribadeo, 13 de novembro de 2013. As instalacións do hotel O Cabazo, en Ribadeo, acollerán o vindeiro sábado, 16 de novembro, a 1ª Xuntanza sobre os Sistemas de Formación Profesional. A cita está organizada pola Asociación de Profesores de Automoción de Galicia e ten coma obxectivo “dar a coñecer a profesorado e empresarios do sector os distintos sistemas de FP que hai noutros países”. O presidente de APAGA, Álvaro Doural, agarda reunir a máis de 60 participantes.
Doural explicou esta mañá no acto de presentación do evento que “a nosa idea é que esto sexa un punto de encontro anual e que os temas a tratar sexan sempre os sistemas de formación profesional. Este ano, como non podía ser menos dada a trascendencia que está a ter a cuestión neste momento pola forza que lle está a impulsar o goberno estatal, imos tratar da formación dual”. O presidente de APAGA subliñou que “o país no que está máis implantado este sistema é Alemaña, aínda que hai outros coma Francia ou Suiza que teñen implantado este sistema nalgunhas familias profesionais”.
A xuntanza do sábado dará comezo ás 10 da mañá. A subdirectora xeral de FP, Mª Eugenia Pérez Fernández, falará do presente e do futuro da FP Dual en Galicia. O profesor alemán Paul Gliet explicará cómo funciona esta ensinanza no seu país. Álvaro Doural indicou que “despois destas dúas conferencias haberá unha segunda parte na que se presentarán as experiencias que xa están implantadas en Madrid. Así contaremos coa presencia de David Gil, que é profesor do CIFP Profesor Raúl Vázquez. Tamén nos achegaremos á comunidade veciña de Asturias, acompañarannos dous profesores do CIFP de Avilés, Andrés Álvarez e Ismael Carnero. E finalmente escoitaremos a experiencia que se está a desenvolver no IES Universidade Laboral de Ourense coa empresa Unidade de Vehículos Industriais. Estarán con nós os profesores Senén Fernández e Julián Malvar así coma Bernardo J. Rodríguez, da devandita firma”.
Xa pola tarde, a partires das 16 horas terá lugar un coloquio entre os asistentes e os ponentes e a elaboración das conclusións sobre o funcionamento e o futuro da FP Dual “comparando o que ocorre en Alemaña e en España”, engadiu Álvaro Doural.
Neste momento hai máis de 40 persoas inscritas na 1ª Xuntanza sobre os Sistemas de Formación Profesional, pero a organización agarda reunir a 60 ou 70 entre socios de APAGA, empresas colaboradoras con esta asociación e docentes dos centros de ensino de Galicia e de Asturias.
O evento foi presentado esta mañá por Álvaro Doural, Javier Rodríguez e José Manuel López, presidente, secretario e voval de APAGA, respectivamente.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



