Burela, 28 de novembro de 2013. Directivos de varias entidades deportivas de Burela asinaron co Concello este xoves os convenios das subvencións que lles foron concedidas para este ano. Presidiron o acto o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro.
As asociacións que acudiron á sinatura foron: Augas Santas Kite Club (1.000 euros), Sociedade Deportiva Burela (2.750 euros), Clube Baloncesto Burela (1.500 euros), Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte (1.000 euros), Escolas Deportivas Porto de Burela (2.750 euros) e Club Náutico de Burela (400 euros). En total 9.400 euros.
A edil popular subliñou que “a este dato hai engadirlle a adecuación do céspede de herba artificial da Marosa, o acondicionamento do campo de 7 por 7 de herba natural tamén na Marosa, a compra de portarías e de material de baloncesto, a compra dos marcadores de 24 segundos, o pintado dos pavillóns Vista Alegre e Os Castros, entre outras. Todo isto demostra o compromiso que o equipo de goberno ten co deporte”.
Dentro das subvencións concedidas polo Concello exclúese ao Burela Fútbol Sala “xa que con eles temos un convenio de colaboración especial que funciona de forma satisfactoria”, engadiu Beatriz Piñeiro.
Mañá, 29 de novembro, asinaranse no Concello de Burela os convenios coas asociacións de carácter social. Será a partires das 13:30 horas. Asistirán: o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



