Burela, 27 de novembro de 2013. A concelleira de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade, Diana Durán, participou en Lugo acompañada dun membro da Policía Local de Burela, na xornada de Formación e actualización sobre o sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero, onde se reuniron distintas persoas das Forzas e Corpos de Seguridade, de Institucións Penitenciarias e do persoal da Administración de Xustiza relacionadas coa violencia de xénero.
A ponencia correu a cargo foi a cargo de Miguel Izquierdo Colmenero, Xefe de Proxectos Informáticos do Gabinete de Estudos de Seguridade Interior da Secretaría de Estado de Seguridade, encargado da presentación e manexo da ferramenta informática á que se vai ter acceso en breve dende o Concello de Burela, entre outros, para manexo do responsable da Policía Local, en materia de violencia de xénero.
Esta actividade de formación está directamente relacionada coa adhesión por parte do Concello de Burela ao Protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos de Policía Local para a Protección das Vítimas de Violencia Doméstica e de Xénero, atendendo así á proposta realizada dende a Subdelegación do Goberno en Lugo e converténdose nun dos primeiros Concellos da comarca na súa implantación.
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “a Administración Local como a instancia máis próxima ao cidadán, configúrase coma un espazo privilexiado para a intervención coas vítimas de violencia de xénero do termo municipal, de aí a importancia de contar con esta nova ferramenta de traballo”.
O equipo de goberno entende que “a adhesión feita no seu momento ao referido protocolo por parte do Concello de Burela é moi positiva tanto para as vítimas de violencia de xénero, xa que incrementa a súa percepción de seguridade, como tamén polo feito de que as autoridades locais, os distintos partidos políticos e a sociedade en xeral, se impliquen en combater a inaceptable situación de permanente inseguridade que sofren moitas mulleres”.
Diana Durán, responsable dos Servizos Sociais en Burela indica que “a colaboración entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os Corpos de Policía Local nesta materia guíase, en todo caso, polos seguintes criterios: proporcionar ás vítimas unha resposta policial da maior rapidez e eficacia nas situacións de risco; proporcionar unha resposta policial da máxima sensibilidade, calidade e eficiencia na atención e protección ás vítimas e evitar ás actuacións que supoñen un incremento da vitimización, especialmente a duplicidade de intervencións; proporcionar á vítima información clara e accesible sobre os dereitos recoñecidos na Lei Orgánica 1/2004 e dos recursos existentes para a efectividade de tales dereitos no ámbito territorial correspondente; e facilitar a transmisión entre as Forzas e Corpos de Seguridade e os órganos xudiciais de toda a información relevante para a protección da vítima”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



