Lugo, 15 de novembro de 2013. O delegado de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico, o nacionalista Mario Outeiro, informou este venres na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación que se vén de aprobar esta mesma mañá un convenio de colaboración polo que o ente provincial outorga unha subvención de 25.000 euros para sufragar os gastos derivados do proxecto “Deseño de videoclases AVIP e recursos multimedia accesibles nun entorno EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) de ensinanza a distancia”.
O obxectivo principal deste proxecto é mellorar o grado de accesibilidade á actual ferramenta AVIP da UNED, baseada nunha plataforma de telecomunicacións e medios audiovisuais que permite o acceso a seminarios e contidos desde as aulas universitarias dependentes de cada centro asociado e desde calquera punto con acceso a internet.
Neste senso, Mario Outeiro explicou que “é un feito probado que as novas tecnoloxías e, en particular, as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) aportan dimensións ata agora inalcanzables para as persoas que padecen algún tipo de discapacidade, axudándoos a suplir as súas carencias e potenciando as súas capacidades, ao tempo que potencian a súa autonomía e independencia e favorecen a súa integración familiar e social”.
“É evidente – continuou o delegado- que o acceso á información on-line ofrece significantes vantaxes fronte ao papel para este colectivo e tamén para persoas maiores. As novas tecnoloxías permiten ás persoas con discapacidade realizar actividades que doutro xeito lles resultarían moito máis arduas e posibilítanlles acceder a servizos que lles estaban vedados”.
O proxecto “Deseño de videoclases e recursos multimedia accesibles nun entorno EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) de ensinanza a distancia” enmárcase no campo das Tecnoloxías da Rehabilitación, que constitúe un sector tecnolóxico multidisciplinar orientado á procura de solucións no campo da accesibilidade integral mediante dúas estratexias de intervención diferentes pero complementarias: o desenvolvemento de axudas técnicas, dispositivos e sistemas deseñados especificamente para persoas con discapacidade ou persoas maiores; e a mellora da accesibilidade no deseño da contorna de uso xeral e dos produtos e servizos de consumo xeral.
Mario Outeiro rematou loando “a importante función social que leva a cabo a UNED de Lugo grazas a cal, ademais do público en xeral, persoas con capacidades diferentes poden acceder á formación, algo que contrasta coas políticas de austeridade en materia de Educación da Xunta de Galiza que opta por reducir profesores universitarios. A austeridade non debe implicar recortes na educación xa que sen ela non lograremos superar a situación de crise. A Universidade debe ofrecer coñecementos de calidade pero tamén debe fomentar o espírito emprendedor dos estudantes”.
Bolsas formativas
Mario Outeiro tamén informou da aprobacióndas bases que rexerán a oferta de tres bolsas formativas en materia de “Educador/a Museos”, “Arquivos/Biblioteca” e “Investigación Ceramolóxica” para a Rede Museística Provincial de Lugo, e que terán unha duración de 7 meses durante as anualidades 2013-2014, dotadas cunha contía próxima aos 6.000 euros cada unha delas.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



