Ribadeo, 28 de novembro de 2013. O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e delegado da área de Benestar Social, Antonio Veiga, reafirmou, esta tarde, o seu compromiso coa construción da Residencia da Terceira Idade de Ribadeo diante do alcalde da vila, Fernando Suárez, e decenas de veciños e veciñas, anunciando que a institución que representa investirá no proxecto 1.828.000 euros que se concretarán en catro anualidades desde este ano até 2016.
Neste senso, explicou que “do orzamento de 2013 consignouse para a residencia da terceira idade de Ribadeo unha subvención excepcional de 528.000 euros, no orzamento de 2014 reserváronse 500.000 euros para o mesmo fin, e estableceuse unha previsión de crédito de 600.000 euros para 2015 e de 200.000 para 2016. Deste xeito, entendemos que queda materializado e concretado o compromiso da Vicepresidencia da Deputación Provincial con este proxecto tan necesario para a vila e tan demandado polos seus veciños e veciñas e responsábeis políticos de todas as formacións; algo que parecen ignorar desde a Xunta de Galiza”.
Para Antonio Vegia “este investimento é unha mostra máis de que unha das principais liñas de goberno do ente provincial é dotar a todas as comarcas de Lugo de servizos sociais básicos para os máis maiores garantindo o seu benestar e cumprindo principios esenciais como os de liberdade, normalidade, equidade, eficiencia e promoción da autonomía persoal, máis aínda para aquelas persoas con algún tipo de dependencia”.
“Investir en políticas sociais –continuou o vicepresidente e delegado de Benestar Social- é primordial en Galiza e en particular en Lugo, dadas as circunstancias que viven os pensionistas do país, cunha pensión media mensual de 721,78 euros, mentres no resto do Estado a media é de 858,1 euros mensuais; pensións ás que, ademais, debemos restar os diferentes copagos implantados polo Partido Popular no eido sanitario nos últimos dous anos e a suba de impostos, e que deixan unha marxe mínima para levar unhas condicións dignas de vida ou poder acceder a centros privados de atención á terceira idade”.
Desde a Vicepresidencia da Deputación lucense enténdese que é unha obriga para as administracións públicas apostar por este tipo de equipamentos dado, tamén, o avellentamento da poboación e as perspectivas futuras de que esta situación non cambie. Precisamente é Lugo a provincia galega con máis persoas maiores de 65 anos e con menor número de centros da terceira idade; cun ratio de 2,8 prazas por cada 100 persoas maiores, moi lonxe das 5 que recomenda a Organización Mundial da Saúde. A este respecto, denuncian que Galiza nin sequera se aproxima á media estatal de 4,3 prazas por cada 100 usuarios potenciais.
Ribadeo non é alleo a esta situación; ten 800 persoas maiores de 65 anos das cales 550 viven soas e preto dunha trintena están en residencias fóra do seu municipio e incluso fóra da provincia. Para Antonio Veiga “son datos que evidencian a necesidade de buscar solucións para atender a este sector da poboación garantíndolles unha vida digna e fomentando as súas habilidades e capacidades”.
Falla de compromiso da Xunta de Galiza co proxecto
Durante a rolda de prensa ofrecida para anunciar o investimento da Vicepresidencia da Deputación Provincial, tanto o vicepresidente da mesma como o rexedor municipal demandaron un maior compromiso do Goberno galego ao que urxiron que mova ficha para que a residencia da terceira idade de Ribadeo poida ser unha realidade en 2015.
Antonio Veiga acusou á Xunta, e en concreto á consellería de Benestar, de ignorar todas as circunstancias que demostran a “urxente necesidade de que xa non só Ribadeo, senón toda a comarca da Mariña, conte cunha residencia como a proxectada. O Goberno galego dispón de moitos máis recursos que o Concello e a Deputación Provincial polo que a construción da residencia da terceira idade xa non é unha cuestión económica senón de vontade política. Á Xunta de Galiza segue a custarlle involucrarse en proxecto e iniciativas que redundan no benestar social dos e das lucenses, o cal debera ser unha prioridade de todas as administracións públicas en calquera momento pero aínda máis diante da brutal crise económica que estamos a padecer e que están a pagar os colectivos máis vulnerábeis.”
“Queda en evidencia –rematou o Vicepresidente- o xeito que ten o Partido Popular de facer política, tanto desde o Goberno galego como desde o Executivo central, e o xeito que os nacionalistas temos de facer política desde a Vicepresidencia da Deputación Provincial.”























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



