Burela, 9 de decembro de 2013. Burela acolle hoxe diversos actos da Irmandade Galicia-Cabo Verde. O alcalde, José Mª González Barcia, subliñou o significado que ten para o concello acoller esta celebración “que recoñece o traballo feito tanto pola comunidade caboverdiana asentada en Burela como pola acollida que este pobo lles deu a estes inmigrantes”.
O rexedor explicou que “hoxe teñen lugar aquí, en Burela, distintos actos que se enmarcan dentro das actividades de irmandade entre a comunidade autónoma galega e a República de Cabo Verde. Para nosoutros é moi significativo e ademais estamos orgullosos pola elección de Burela como sede dos actos que hoxe se celebran na comunidade autónoma galega, que se fan aquí, porque sen dúbida ningunha veñen a recoñecer o traballo feito tanto pola comunidade caboverdiana asentada en Burela desde mediados dos anos 70 do século pasado e que hoxe son a comunidade de inmigrantes máis importante que temos e, por outra parte, a acollida que o pobo de Burela lles deu a estes inmigrantes que hoxe forman parte moi activa da nosa sociedade”.
González Barcia dixo que “valoramos de forma importante a celebración destes actos polo que teñen de continuación na sensibilización sobre o cooperativismo e sobre o municipalismo. Aquí hai dous factores, por un lado a colaboración entre países, entre pobos, entre sociedades de distintas etnias. Nós si por algo nos caracterizamos é por que Burela sempre acolleu cos brazos abertos a calquera persoa chegada doutras terras. E no caso concreto da poboación de orixe caboverdiana eu creo que é máis que patente a capacidade de integración que houbo entre as dúas sociedades: a nosa e a caboverdiana. Por outro lado convén resaltar tamén, dentro deste marco de actuación do que é o cooperativismo, a capacidade que tivo Burela no seu momento de dar un paso máis cara a diante no sentido de irmandarse con Cabo Verde á hora de poder contribuír ao desenvolvemento daquel país, evidentemente dun xeito moi humilde, e á hora tamén de integrar máis e mellor á poboación caboverdiana aquí, en Burela”.
O alcalde de Burela considera que “non deberíamos pasar por alto a presenza que a comunidade autónoma galega tivo en Cabo Verde hai aproximadamente dous meses na celebración da feira pesqueira Expomar alí, en Cabo Verde, que contou coa presenza do secretario xeral de Pesca, Juan Maneiro, e da xerente da Fundación Expomar, Catalina Luengo, en representación da propia fundación como exemplo da implicación da Fundación Expomar e por extensión do Concello de Burela no desenvolvemento da República de Cabo Verde”.
En referencia ao reforzo do municipalismo González Barcia indicou que “hoxe contamos aquí con Rosa Lopes Rocha, que é a presidenta da Cámara Municipal de Portonovo, na illa de San Antonio, e dáse a circunstancia de que é a única muller alcaldesa que hai en Cabo Verde. Isto dálle máis realce a este acto porque vén representar o apoio que damos desde a comunidade autónoma galega á presenza da muller en postos de responsabilidade política e doutra orde en calquera país. Temos tamén a Manuel de Pina, que é o presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e presidente da Cámara Municipal de Ribeira Grande de Santiago, curiosamente a localidade do país de maior procedencia da comunidade caboverdiana asentada en España”.
O rexedor engadiu que “para nosoutros é un motivo de satisfacción poder contar con estes actos aquí, en Burela, e tamén adianto que o próximo mércores nun acto que se vai desenvolver en Santiago de Compostela, en concreto na sede da Federación Galega de Municipios e Provincias, precisamente cos representantes caboverdianos tamén estará presente o Concello de Burela na miña persoa para contribuír neste camiño dunha maior sensibilización en canto ao cooperativismo, á solidariedade e tamén á relación entre responsables políticos de ámbito municipal tanto dun país, Cabo Verde, como da nosa comunidade autónoma, Galicia”.
Pola mañá houbo un contacontos intercultural na Casa da Cultura destinado ao alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios municipais e tamén unha visita institucional ao Concello por parte da delegación caboverdiana que estes días está en Galicia. Esta tarde, ás 17:30 horas, inaugurarase a exposición Caboverdianos na Mariña na Casa da Cultura. Está organizada polo Concello de Burela e pola asociación Batuko-Tabanka. E ás 18:00 horas terá lugar un encontro coa comunidade caboverdiana na Casa do Concello. Alí estarán tamén os grupos Batuko Tabanka e Rabentola.






















A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



