O artista mariñán Caxigueiro, xunto a Eduardo Estévez, Ernesto González Torterolo e Nachok, puxo en marcha o proxecto fóra de campo co que pretenden reflexionar e crear ao redor da fotografía e os seus límites. A través da obra que presenta Caxigueiro en fóra de campo, da serie “Entre parénteses”, o autor pretende reflexionar sobre o proceso creativo e a expansión dos límites da fotografía convencional. A inauguración celebrarase o 3 de decembro ás 20:00 horas na Galería Visol de Ourense.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



