Cando hai 40 anos o cronista afanábase na precura de información sobre a vella catedral, co fin de documentar o traballo que traía entre mans, e que diu lugar ó que foi seu primeiro libro, e tamén o primeiro que se publicou sobre a igrexa, “ Guía Histórica e Artística de San Martiño”, no arquivo da mesma diu cun vello documento que dí: “ 1861 foi crucial para o mosteiro, a punto de ser derrubado, co que sucumbirían sèculos de historia, privando ás xeracións vindeiras de contemplar tan orixinal monumento e ós estudosos da arte, de indagar nas pedras milenarias”. Foi así: o 28-2-61 afundiuse o teito da nave central e con él o coro; e como os ábsides atopábanse rachados, xurdiu o dilema de restaurar ou derrubala e facer outra nova. Por ser Real Priorato, dependente da Coroa, deuse conta a Madrid e, co fin de recoñecela, de orde do Goberno, trasladouse ó lugar o arquitecto Angel Cosuí o 16-4-61 e o 22-1-62 outro da Coruña, Xosé Noya; ambos inclinábanse por derrubala e levantar outra a expensas da Coroa. O cura-prior, don Salvador Pardo, contrario ó derrube, acudíu ó Bispo, don Ponciano de Arciniega, en demanda de protección e axuda económica, quen comisionou ó mestre de obras Francisco Lanteiro que, examinadas as secuelas do incidente, comprometiuse có Bispo a reparalas e manter en pé o cenobio. Como o prelado confiaba na súa honradez e capacidade, facilitou fondos ó prior e Lanteiro realizou a obra para celebrar nel- como se fixo- o San Martiño o 11-11- 1866. È evidente que os contrafortes que sosteñen as paredes resultan exóticos, pero grazas a eles- djn os expertos- mantense en pe a basílica; e acaso a súa existencia dèbase a Lanteiro, porque, de non aceptar o reto, o mais probable sería que se consumasen os consellos dos técnicos e que leváramos xa preto de dous séculos sen esta xoia da historia e da cultura. Esa é, ¡nada menos!, a importante obra de Lanteiro, en San Martiño, a quen apenas se cita, envolto nun lamentable oscurantismo: o mindoniense é outra víctima do esquecemento…
Suso Martínez


















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



