A Asociación Mulleres de San Ciprián informa de que unas 60 persoas asistiron aos actos programados esta pasada fin de semana, que incluíron unha charla sobre saúde e a celebración dun magosto popular. A charla estivo impartida pola especialista en dietética e nutrición, Montse Vázquez e tivo como temática a alimentación máis axeitada na etapa da menopausa.
A presidenta da entidade, Amparo Pernas, valorou moi positivamente a iniciativa, xa que “tivo moi boa acollida” e lembrou que esta é unha das moitas actividades que se levan posto en marcha no programa do último trimestre do ano que tamén inclúe numerosos cursos e outras iniciativas.
Ao mesmo tempo, Mulleres de San Ciprián quere lembrar que o próximo sábado día 14 ofrecerán a actuación das pandereteiras Xiradela, de Arteixo, ás 20:30 horas na Casa da Cultura de San Ciprián. Un espectáculo musical “aberto ao público en xeral, polo que convidamos a acudir a todas as persoas interesadas en escoitar a un grupo de mozas pandereteiras” explica Pernas. Hai que destacar que este grupo forma parte da Asociación Xuvenil Xiradela, que leva máis de 30 anos activa. Ese mesmo día a entidade celebrará a súa cea de Nadal, na que se poden inscribir todas as socias que o desexen.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



