O galo foi o protagonista da quinta xornada da LNB na conferencia norleste en Ribadeo, pero nesta sexta xornada tocoulle á galiña; pero non unha calquera, senón unha das razas máis antigas da Península: a auténtica GALIÑA DE MOS, que se consolida como referente anual da tempada billardeira que se celebra en Castro Ribeiras do Lea.
O sábado 11 de xaneiro celebrouse esta xornada, moi agardada por ser unha das mais esixentes da tempada, na que os palanadores han de poñer en xogo tanto a forza como a técnica para non verse sorprendidos e saír con ben do envite.
As vésperas non foron moi prometedoras con choiva abundante, pero a LNB está afeita a xogar en condicións extremas e non se vota atrás. O bo tempo acompañounos na tarde do sábado aínda que o campo de fútbol estaba brando e máis complicado do agardado. Aínda así, as tres pistas dispoñibles deron unha gran axilidade ao xogo e permitiron rematar mentres o lusco fusco loitaba por se facer un oco na tardiña chairega e dar fé da entrega das Galiñas de Mos aos gañadores da tarde.
Os Billardeiros Musicais seguen coa súa sinfonía particular de gañar aberto tras aberto aumentando a vantaxe. A loita parece estar centrada en acadar o segundo posto no que Carabullo de Teixo e Troitas Bravas non dan trégoa manténdose a tres puntos de distancia, pero en calquera momento pode cambiar.
Tamén en individuais son os palanadores dos Billardeiors Musicais os que marcan o ritmo a seguir copando os primeiros postos da clasificación. A nota negativa da xornada foi para Richar de Tropa Lixeira que viña mantendo con autoridade o primeiro posto e, nembargantes, unha moi cativa xornada na que só colleitou 2 puntos, fíxolle caer catro postos na xeral. Agora é quinto cos mesmos puntos que Xermán.
Non era doado conseguir varados, pero si que se fixeron dous. O primeiro conseguiuno Adrián de Extensión Billarda na súa primeira carreira da tarde e seguiuno Santi de Carabullo de Teixo nun duelo fraticida co seu compañeiro de equipo Charli, quen, deste xeito, viu truncadas moi cedo as súas aspiracións por facerse ca afamada pita.
Acadaron o pleno de vitorias catro xogadores: Reyes e Juan por Billardeiros Musicais, Manolo por Troitas Bravas e Gelín por Gharabotos que traía gañas de levarlle parexa ao galo que gañara Luis na anterior xornada. Nada que facer. A intratable parella ribadense non deu chance e fixéronse cos dous primeiros postos. Gelín quedou terceiro e Manolo foi cuarto.
Recibiron, pois, unha fermosa Galiña de Mos Juan e Reyes como primeiro e segundo e David de O Cadaval como mellor local que a piques estivo de entrar na final. Só cedeu un empate conseguindo nove puntos.
As clasificacións van apretándose co paso das xornadas de xeito que entre o primeiro e o clasificado na décimo cuarta posición só hai dez puntos de diferenza. A emoción vai in crescendo de aberto en aberto e unha boa ou mala tarde pode supoñer entrar ou saír dos postos que dan dereito a xogar as finais nacionais. O mesmo ocorre en varados onde ninguén se destaca especialmente. Só en equipos hai un claro destacado: os Billardeiros Musicais que non senten vertixe e atópanse cómodos nas alturas. A loita, pois, céntrase máis no segundo posto.
Clasificación da conferencia Norleste da LNB:
Individual
Regueiro, 49 puntos. Charli e Daniel, 47 puntos. Juan, 46 puntos. Richar e Xermán, 45 puntos.
Equipos
Billardeiros Musicais: 210 puntos. Carabullos de Teixo: 167 puntos. Troitas Bravas: 164 puntos.
Varados
Regueiro: 4. Santi: 4. Charli, Daniel, Miguel Morán e Muriego: 2 varados.
A sétima xornada celebrarase en Meira o 1 de febreiro no V Torneo do Lacón.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 
