Luns, 20 de xaneiro. A Selección da Mariña Cadete de Fútbol Sala de Base, baixo a coordinación da Fundación Imdecum, conseguiu onte o billete para a fase final do Campionato Autonómico de Seleccións Locais tras o 1-1 na pista do combinado de Lugo. Este empate outórgalle ao equipo a segunda praza na clasificación, xunto á vitoria fronte á Terra Chá (4-2), e o pase ás semifinais, onde se verá as caras con Pontevedra; será o vindeiro domingo, 26 de xaneiro, ás 11.00 horas, no pavillón das Fontiñas de Santiago de Compostela.
Os outros tres representantes mariñáns non tiveron tanta fortuna. Despois das derrotas en benxamíns e infantís ante a Selección de Lugo, con 3-2 e 5-1 respectivamente, os da Mariña quedaron en segunda e terceira posición na fase de grupos, sen continuidade na competición. O empate ante os da cidade amurallada (1-1) tamén lles concedeu a terceira praza aos alevíns.
FICHAS TÉCNICAS
Categoría Benxamín: Selección Lugo 3-2 Selección A Mariña
Selección Lugo
Cinco Inicial: Mikel, Ignacio, Azael (1), Jorge (2) e Raúl
Tamén xogaron: Pablo, Ismael, David, Santiago, Pablo V., Antón e Jacobo
Selección A Mariña FS
Cinco Inicial: Javi, Sergio, Pablo Dablanca, Hugo Veiga e Lucas (1)
Tamén xogaron: Manuel, Hugo Pérez (1), Abel, Adán, Pablo Pérez, Youseff e Kevin (1)
Árbitro: Juan Rey Castro e Marcos Varela Castro (Delegación de Lugo)
Categoría Alevín: Selección Lugo 1-1 Selección A Mariña
Selección Lugo
Cinco Inicial: Alberto (1), Nicolás, David, Adrián e Nicolás V.
Tamén xogaron: Samuel, Javier (1), David R., Alejandro, Javier L. e Igor
Selección A Mariña FS
Cinco Inicial: Hugo, Andrés, Anxo, Pol e Nico
Tamén xogaron: Isaac (2), Víctor, Xoel, Álex, Noel, Jorge
Árbitro: David Castro Bermúdez e Marcos Varela Castro (Delegación de Lugo)
Categoría Infantil: Selección Lugo 5-1 Selección A Mariña
Selección Lugo
Cinco Inicial: Marcos, Pedro A., Uxío, Samuel e Jacobo
Tamén xogaron: Billal (2), Brain, Adrián (2), Bruno (1) e Jorge
Selección A Mariña FS
Cinco Inicial: Yeremay, Nito, Luka, Aarón e Álvaro
Tamén xogaron: Luis (1), Aksay, Manuel, José, Paulo, Borja, Luismi e José Luis
Árbitro: Borja Darriba Villamor e Lucía Darriba Villamor (Delegación de Lugo)
Categoría Cadete: Selección Lugo 1-1 Selección A Mariña
Selección Lugo
Cinco Inicial: Pablo, Adrián, Juan José, Marcio e Cley
Tamén xogaron: David (1), Raúl, Paulo, Javier e Pablo V.
Selección A Mariña FS
Cinco Inicial: Aarón, Mamadou, Chiky, Aitor e Pitero (1)
Tamén xogaron: Brais, Xosé, Kaká, Gabi e Iván
Árbitro: Jesús Rebolle González e Lucía Darriba Villamor (Delegación de Lugo)
Resultados anteriores
Categoría Benxamín: Lambre 1-2 A Mariña
Selección A Mariña FS 4-2 Selección A Terra Chá
Categoría Alevín: Lambre 1-1 A Mariña
Selección A Mariña FS 3-4 Selección A Terra Chá
Categoría Infantil: Lambre 4-2 A Mariña
Selección A Mariña FS 4-0 Selección A Terra Chá
Categoría Cadete: Selección A Mariña FS 4-2 Selección A Terra Chá





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
