O segundo posto obtido por Álex Meitín na Liga Sénior Masculina permítelle consolidar o seu liderato con 92 puntos, 18 más que José Rafael, segundo con 74.
Na terceira posición, Arturo Vigo, con 60 puntos grazas á vitoria obtida nesta tirada de Palmeiro, sustitúe nesta posición a Sócrates Campo, cuarto con 57. En quinta posición Francisco Pérez con 55 puntos, que fixo unha fantástica bolada de 101 puntos que, probablemente, vai ser a bolada do campionato. E sexto, e perdendo unha posición, temos a José Vigo con 54 punto. Xa máis alonxado con 45 puntos, José Manuel Cociña.
En resumo, despois de 11 tiradas e a falla de 7 por disputar, temos un líder moi forte, cunha ampla vantaxe sobre os seus perseguidores: 18 puntos sobre Rafa, 32 sobre Arturo, 35 sobre Sócrates, e con moitas posibilidades de acadar o seu primeiro título nesta categoría.
Álex é un dos xogadores máis novos da Liga e, polas súas condicións, cun futuro brillantísimo na mesma. Rafa, Arturo, Sócrates, Francisco, José,.. pelexarán seguramente pola 2ª e 3ª prazas do podium final, con algunha posibilidade aínda para Rafa de pelexar polo campionato.
Salienta tamén, nesta tirada, que Modesto Albo, de 84 anos, conseguiu puntuar ó clasificarse entre os 10 primeiros da tirada. Concretamente quedou 9º.
Liga Sénior Feminina
Belén Meitín vai disparada cara o seu primeiro título. Nesta tirada de Palmeiro acadou a súa vitoria número 7 da temporada, cuns extraordinarios 214 tantos, e cunha bolada de 72 tantos, que seguramente vai ser a mellor do campionato. Con 58 puntos, 22 máis que Dolores Baño, podemos dicir que, probablement, se vai proclamar campioa desta edición.
Por detrás, unha pechada loita entre Dolores Baño con 36 puntos, perseguida por Paula Meitín con 32 e Salomé Bermúdez con 27. Seguramente estas tres xogadoras disputaranse a 2ª e 3ª posición finais, xa que Concepción Piñeiro, que ten 18 puntos, non está a desenvolver unha temporada brillante, e nestes intres non lle damos moito chance para avanzar posicións na táboa.
Liga Sub 18
A vitoria de Daniel López permítelle ampliar a súa vantaxe sobre Salomé Cardoso a 6 puntos, 8 sobre Isaías e 13 sobre Daniel Alonso. Nesta categoría non hai nada decidido aínda. Destaca a incorporación de Daniel Alonso e de Miguel López a esa tríada (Daniel López e os irmáns Cardoso) que dominaron esta Liga nos últimos anos e que está diante da súa última temporada. Concretamente Isaías está diante da súa última oportunidade de gañar esta Liga, o cal xa fixeron Daniel López e súa irmá Salomé.
A vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MONTE o sábado 18 de xaneiro de 2014.
|
CAMPIONATO DE BOLOS DE CLUB DE PALMEIRO ( 11 XANEIRO 2014) 32 INSCRITOS: 16 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 7 NA LIGA FEMININA |
|||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS |
PUNTOS |
|
LIGA SENIOR |
|||
| PRIMEIRO | ARTURO VIGO CASABELLA |
324 |
12 |
| SEGUNDO | ALEX MEITÍN SERANTES |
318 |
10 |
| TERCEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA |
309 |
8 |
| CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
300 |
7 |
| QUINTO | JOSE VIGO LAGE |
291 |
6 |
| SEXTO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ |
289 |
5 |
| SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO |
288 |
4 |
| OITAVO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO |
272 |
3 |
| NOVENO | MODESTO ALBO VIDAL |
265 |
2 |
| DÉCIMO | JORDI MEITÍN SERANTES |
225 |
1 |
| MELLOR BOLADA | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ |
101 |
1 |
|
LIGA SUB 18 |
|||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
214 |
6 |
| SEGUNDO | DANIEL ALONSO LÓPEZ |
165 |
4 |
| TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ |
157 |
3 |
| CUARTO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ |
148 |
2 |
| QUINTO | LAURA IGLESIAS MARIÑO |
122 |
1 |
| MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ |
71 |
1 |
|
LIGA FEMININA |
|||
| PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO |
226 |
6 |
| SEGUNDO | PAULA CAMPO SUÁREZ |
178 |
4 |
| TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA |
123 |
3 |
| CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN |
108 |
2 |
| QUINTO | BRENDA SUÁREZ AZOGUE |
74 |
1 |
| MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO |
72 |
1 |






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
