Dende o Concello emitouse un aviso a toda a poboación de Xove solicitando colaboración para mellorar a seguridade no desenvolvemento da Calbagata o vindeiro domingo 5 de xaneiro. Neste sentido, solicítase a tódolos veciños e visitantes que o día da Cabalgata NON APARQUEN na marxe dereita da estrada en sentido cara a Viveiro, dende o primeiro semáforo (cruce coa rúa Acceso Grupo Escolar, onde está a Pizzería Onde Sempre) ata o seguinte semáforo (cruce coa rúa Doutor Baamonde Illade, onde está o Bar A Esquina). Con isto preténdese que tódolos participantes na Cabalgata, os que vaian na mesma Cabalgata e tódolos espectadores, en especial os nenos que van recollendo os caramelos, disfruten de máxima seguridade.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



