Burela (Lugo), 21 de xaneiro de 2014.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou Burela este martes para participar na presentación da fase final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala Feminino Sub 17. A localidade lucense acollerá a meirande parte dos partidos, que se celebrarán desde este mércores 22, ata o domingo 26, agás un encontro do día 24 que se xogará na localidade veciña de Cervo.
A selección galega, comandada pola seleccionadora Pilar Costa, estará integrada por doce xogadoras dos clubs Cidade de As Burgas (Ourense), Poio F.S. (Poio), A Fervenza F.S. (Ferrolterra), Viaxes Amarelle F.S. (A Coruña) e C.D. Adarve (Lugo).
Na súa intervención, Lete Lasa sinalou a honra que supón para Galicia acoller un evento deste tipo, que por uns días sitúa á nosa comunidade como capital do deporte español. Engadiu que “non é coincidencia que sexa en Burela, posto que o seu equipo feminino logrou na temporada 2012-2013 o fito histórico de ser Campión de Liga e Campión de Copa, o que é un orgullo para os burelenses e para todo o deporte galego”.
O secretario xeral lembrou o magnífico estado de forma do deporte feminino de alta competición en Galicia, incluído o fútbol sala. Mostra disto, indicou que Galicia é a comunidade autónoma que máis equipos achega á primeira división feminina de fútbol sala -6 dun total de 16-, mentres que, no relativo á alta competición en xeral, segue a medrar o número de equipos femininos patrocinados pola Fundación Deporte Galego, pasando de 34 equipos na temporada 2012-2013 aos 37 da temporada actual. De todos eles, 9 corresponden a fútbol sala, que na temporada 2013-2014 recibirán máis de 181.000 euros.
En 2013 a Federación Galega de Fútbol Sala recibiu 120.000 euros a través do convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Deporte, cantidade que, engadida ás anteriores convocatorias de axudas das que se beneficiou a federación desde 2009, supera os 778.000 euros
Ademais do secretario xeral para o Deporte, no acto participaron o alcalde de Burela, José González Barcia; o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o vicepresidente do Comité de Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol, Gonzalo de Azcárate-Gaztelu; o presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga Outeiro, e o presidente do Burela Fútsal, Manuel Blanco Fanego.
De acordo co sorteo celebrado en decembro, os tres grupos que compiten nesta fase son os formados por Galicia, Aragón e Andalucía (Grupo A), Cataluña, Murcia e Extremadura (Grupo B), e La Rioja, Cantabria e Madrid (Grupo C).
O equipo galego xogará contra a selección aragonesa este martes 22 ás 20:00 horas no pavillón Vista Alegre de Burela, mentres que o venres 24 farao contra a andaluza no mesmo recinto ás 12:00 horas.
As semifinais terán lugar na mañá do sábado 25 e nelas medirase o campión de cada grupo, xunto co segundo mellor clasificado dos tres grupos, quedando para o domingo 26 ás 12,00 horas a final na que se dirimirá o equipo vencedor.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
