Burela, 24 de xaneiro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, asistiu este venres aos actos do día de Galicia en Fitur, que se desenvolveron no stand institucional de Turgalicia. Alí estivo tamén o titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijoo, que fixo unha referencia específica aos recursos da costa de Lugo. González Barcia dixo que Burela seguirá a participar en Fitur xunto á Mancomunidade de Municipios da Mariña en vindeiras edicións e anunciou que mantivo contactos nesta feira para que Burela poida albergar congresos e actividades similares, que contribúan á promocionar o conxunto da comarca.
O rexedor burelés subliñou que “o presidente da Xunta fixo unha referencia específica aos recursos turísticos que ten a costa de Lugo. E iso hai que telo en conta porque evidentemente hoxe en día a palabra de Alberto Núñez Feijoo ten moitísimo peso específico incluso dentro do propio sector turístico”.
José María González Barcia indicou que “a valoración que os alcaldes dos distintos concellos facemos da presenza en Fitur é positiva. Hoxe pola mañá puidemos comprobar como distintos profesionais do turismo e medios informativos se ocupaban e se preocupaban non soamente de Galicia non seu conxunto senón tamén daquelas zonas que teñen algunhas especificidades a resaltar, por exemplo A Mariña lucense. E nese sentido a presenza aquí da Mariña, a presenza de representantes institucionais e, como está habendo, de empresas vinculadas co sector turístico asentadas na nosa comarca é importante e ten especial relevancia, porque todos coincidimos en que é preciso unha maior presenza aínda para próximas edicións de Fitur”. E engadiu: “de feito eu sigo entendendo que un dos aspectos fundamentais para que o turismo na Mariña se potencie, sen perder a calidade e ese carácter de excelencia que ten o turismo que se achega a esta comarca baseado fundamentalmente na natureza, nas praias, neste entorno aínda sen explotar, na gastronomía, pasa pola colaboración estreita entre empresas vinculadas co sector turístico e as administracións”.
O alcalde de Burela avoga por “ter en conta que o turismo é unha actividade económica limpa, respectuosa co medio ambiente e que, como dixo o presidente da Xunta, xera unha importante riqueza e ten un peso enorme dentro do produto interior bruto non soamente de Galicia, que tamén, senón no que se refire á nosa comarca”.
O rexedor resaltou que “dende o Concello de Burela estamos dispostos a seguir participando coa comarca da Mariña no seu conxunto para estar presentes en Fitur en sucesivas ocasións. E nese sentido algún contacto temos feito para a promoción turística máis específica para o noso concello, xunto con outros municipios. Probablemente en próximos días avanzaremos datos sobre este aspecto. É moi probable que dende as próximas semanas manteñamos reunións con persoas encargadas da organización de congresos para poder trasladar á Mariña, a Burela xunto con outros concellos, actividades deste tipo, que sen dúbida ningunha poden axudar a dinamizar o noso tecido socioeconómico e de forma definitiva e importante a promover o conxunto da comarca e individualmente ao concello de Burela”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



