A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar fixo entrega da cesta de Nadal ao socio D. Ramón López Abad que por segundo ano consecutivo é o afortunado. O presidente da asociación, Miguel Díaz, foi o encargado de facer a entrega ao gañador. Ademais, os veciños e amigos de Trasbar deron a benvida ao 2014 brindando e desexando sorte a todos.
