O Club de Tiro con Arco IADOVI, é un club de nova creación con sede en San Cibrao (Cervo) formado por arqueiros con experiencia en competición coma os antigos arqueiros do Club de Tiro con Arco CASTELARCO e cuxo obxectivo é promover e propagar o deporte do tiro con arco na Mariña de Lugo.
Esta fin de semana os arqueiros do club estreáronse en competición oficial valedeira para os arqueiros galegos para a obtención das cualificacións para ir subvencionados aos Campionatos de España absoluto de sala 2014, o de Cadetes e menores de 14 anos, estes últimos a celebrarse o vindeiro febreiro en Cambrils (Tarragona) onde o arqueiro Gabriel Galante Briones se estreará na categoría de cadetes a nivel nacional en sala.
Finalizado o XV Trofeo Concello das Pontes, celebrado o pasado sábado os nosos resultados foron prometedores. Na categoría Sénior masculino modalidade arco recurvo o representante do club, José Manuel García Cordido (Campa) remataba na 20ª posición cunha puntuación total de 470; a tan so catro puntos de igualar o seu record persoal conseguido o pasado 2 de novembro no XI Trofeo Cidade de Narón.
Pola súa banda, a representante feminina nesta categoría e modalidade Ana María Briones Montes finalizaba o primeiro raund terceira con 208 puntos, no segundo raund perdía concentración e con iso baixaba a súa puntuación a 200 puntos, finalizando cun total de 408 puntos que a situaban 5ª a 19 puntos da cuarta posición e de entrar a disputar as eliminatorias.
Na categoría cadete masculino na modalidade de arco recurvo os nosos arqueiros Francisco Melo Botelho, finalizadas as series clasificatorias obtiña a 5ª praza con 333 puntos; mentras que Gabriel Galante Briones, se situaba segundo con 553 puntos superando
Galante Briones situábase segundo con 553 puntos superando o seu record persoal nesta categoría, en 5 puntos, obtido o 1 de decembro do 2013 no XVIII Trofeo Federación Galega – Xunta de Galicia celebrado en Ares (A Coruña) cando aínda pertencía á categoría Infantil.
As eliminatorias comezarían en semifinais, o primeiro enfrontamento disputaríao contra Taylor Murias Acevedo do Club Arcobarco do Barco de Valdeorras, empatando o primeiro set, para logo despegarse comodamente e finalizar cun 7-1 a favor de Gabriel. Xa na final, contra Daniel Castro Barcala, representante do Club anfitrión, o Sílex; sucédense os sets un tras outro. Cando un o gaña Daniel o seguinte replícao Gabriel de forma que tralo cuarto set chegan empatados a 4. Empeza o quinto set e a vitoria do set dará a vitoria da competición a calquera dos arqueiros que son vellos coñecidos e ambos están no seu momento máis alto de competición como demostran as altas puntuacións que lograron. O primeiro en disparar é Gabriel que logra a máxima puntuación, o 10. Daniel tira a súa flecha case no mesmo momento desviándose ao 7 pola esquerda. Gabriel prepárase para a segunda frecha e despois de apuntar durante uns segundos interminables para os espectadores que seguían a competición, repite a puntuación anterior. Daniel ao mesmo tempo solta a súa flecha e tamén consegue o 10. Coa vantaxe de 4 puntos a favor de Gabriel comeza a terceira e última flecha. Daniel sabe que só un fallo de Gabriel o pode favorecer. No caso de empatar, deberían disputar a frecha de desempate, unha única frecha e a máis cercana ao centro da diana determinaría o campión da competición. Pero nesta ocasión, Gabriel está moi centrado e coma nas dúas veces anteriores solta primeiro. A súa frecha desvíase un poco do 10, pero está no círculo amarelo e logra un 9. Daniel realiza o seu disparo e logra o 10. Aínda así, vitoria para Gabriel nunha final moi apretada.
Na categoría Alevín Mixta os pequenos do club tamén se luciron. Finalizados os raunds clasificatorios, Ángel GAlante Briones alcanzaba a segunda posición con 495 puntos e Beatriz Melo Botelho, cuarta con 440 e Fernando Fernández Romero (Nano), 5º con 438 puntos.
Ángel, ao igual que o seu irmán bate o seu récord persoal na categoría, obtido na pasada edición deste Trofeo na que sendo benxamín competiu na categoría alevín logrando os 466 puntos. Tanto Ángel coma Beatriz conseguían pasar as series eliminatorias de semifinais.
Ángel enfrontaríase a Iago Núñez Loures, representante do Club celta de Lugo. Ambos arqueiros protagonizaron unha serie de sets de infarto, que finalizaban nos tres primeiros sets empatados a 3. No cuarto set Ángel toma a vantaxe tras gañalo. Co empate no quinto set, Ángel pasaría a disputar a final; pero Iago non está disposto a deixarllo fácil e logra gañar o set e, con iso, o empate, 5-5. Deben decidir quen pasa por medio da frecha de desempate. A máis cercana ao centro será a que de o triunfo. Ángel é o primeiro en soltar a frecha e colócaa na circunferencia amarela, a do 9. Iago lanza a súa e tamén consegue colocala no 9. Ambos arqueiros en compañía do xuíz achéganse á diana para comprobar cal é a máis cercana. Ángel pasa á final.
Pola súa banda, Beatriz disputa a súa eliminatoria contra Juan Prado Neira, tamén do Club Celta; pero teno máis difícil; xa que Juan clasificárase primeiro cunha puntuación de 513 puntos. O resultado non se deixa esperar e en tan só tres sets Beatriz queda descolgada, perdendo 6-0 contra Juan Prado.
Beatriz enfróntase a Iago pola terceira praza, pero comeza perdendo 4-0. No terceiro set cunha boa racha de frechas logra a vitoria do set e a esperanza de remontar a eliminatoria cun 4-2. No cuarto set a frecha de Beatriz impacta no 4 e Iago non perdoa logrando a vitoria do set e con ela a terceir posición. Finalmente, Beatriz remata cuarta.
E Ángel enfróntase a Juan Prado polo primeiro posto. Nesta ocasión Ángel está moi concentrado e non sae das circunferencias centrais, logrando en tres sets (6-0) proclamarse campión da categoría alevín mixto.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
