AMAM (Asociación de Magos Afeccionados da Mariña) nace para impulsar a maxia na comarca, xa que é de ámbito comarcal, e para manter, ofrecer, apoiar a todas e todos aqueles que desfrutan desta arte, tanto a nivel profesional como por simple pracer.
O colectivo presentouse este xoves 2 de xaneiro dende O Traste, Burela. “Xuntámonos no comezo 12 persoas que contactamos grazas á maxia e que vimos que era necesario ofrecer un amparo para aquelas e aqueles que desexen aprender e practicar a maxia. Sen importar a idade, xa que dende os 17 ata os 61 anos forman parte xa da asociación, e non importa o sexo, aínda que é verdade que só somos homes por agora, unha mágoa, pero agardamos que as mulleres tamén cheguen á asociación”, explica o presidente de AMAM, Mago Senín.
A súa primeira presentación pública será o venres 10 de xaneiro en Burela tamén no Traste con entrada gratuíta onde se poderá ver as distintas variantes da maxia e coñecer a nova asociación a partir das 23.30 horas. Tamén, e antes dese acto, pretendemos achegarnos ao Hospital da Costa para que nestas datas, as persoas que teñen que estar alí, podan disfrutar da maxia e olvidarse por un anaco dos seus males.
AMAM está presidida polo Mago Senín, tamén están na directiva o Mago Pi e José Paredes, ademais de estar o Mago Miguel ou o Mago Jorge entre outros. “Incidimos no desexo de que a muller faga presenza e sexa parte deste navío que parte cara un mundo máxico”, explican.
Esta nova asociación, que comeza neste novo 2014, quere ser acollida para magos e magas e afeccionados e afeccionadas, e tamén unha bola máxica que reparta ilusión por toda A Mariña achegando as nosas artes a todos os concellos da comarca e en galego. Tamén poder chegar a facer unha semana da maxia na Mariña con magos de renome para que os e as mariñás vivan a maxia durante todo o ano.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



