Santiago, 22 de xaneiro de 2014.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, en permanente contacto e coordinación co Partido Popular de Mondoñedo, veñen de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia na que demandan á Xunta que acometa diversas actuacións, entre elas, as obras de mellora na estrada autonómica LU-124 (Mondoñedo-Vilameá)
Os deputados lembran que desde o Partido Popular sempre estiveron pendentes da situación desta estrada LU-124 e sinalan como proba do seu interese que xa existe un proxecto e un traballo previo feito pola Xunta que ten como obxectivo permitir que se poida circular por esta estrada coas máximas garantías de seguridade e confortabilidade viaria, en especial agora que esta chamada a captar novos tráficos procedentes do novo treito da autovía A8.
TRIPLE ACTUACIÓN
Balseiro e Martínez-Sierra aclaran precisamente que, como é lóxico, calquera actuación nesta estrada non podía entenderse illada á propia execución das obras da autovía do Cantábrico e por iso demandan neste momento esta actuación, cando xa é público e notorio a inminente a apertura do último treito en obras da autovía do Cantábrico.
Máis en concreto a iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, reclama un triplo obxectivo. En primeiro lugar, que a Xunta continúe traballando en colaboración e coordinación co Ministerio de Fomento para facer un seguimento da execución das obras complementarias previstas. Máis en concerto, o novo enlace da autovía, a reparación dos firmes polos que pasou maquinaria pesada e a corrección dos efectos das escorrentas
En segundo lugar, os deputados populares demandan o desenvolvemento coa maior axilidade posible das actuacións necesarias para mellorar a comunicación no contorno do enlace da estrada autonómica LU-124 coa citada autovía de titularidade estatal.
Por último, instan a acometer unha actuación de urxencia para a mellora da estrada LU-124, dándolle prioridade ao tramo Lindín-Mondoñedo, mentres non se desenvolvan na súa integridade as actuacións previstas para a citada estrada.
AUTOVÍA DO CANTÁBRICO
Balseiro e Martínez-Sierra insisten en reclamar solucións para a estrada autonómica como tamén o fixeron ao longo da dilatada obra da autovía do Cantábrico. Neste senso, lembran que “tivo que ser un Goberno do Partido Popular quen impulsou as obras precisas para dar solucións ao problema das inundacións, foi o PP quen puxo diñeiro sobre a mesa para abonar as expropiacións que tiñan pendentes de pago o ministro socialista Jose Blanco –que agora se interesa no Congreso sobre este tema- e quen iniciou e rematará a autovía do Cantábrico”.
E por isto polo que, desde o Grupo Popular non entenden que agora haxa quen, por oportunismo político, parece preocuparse por estas vías de comunicación cando non o fixeron antes, “e tanto en Madrid como en Santiago había gobernos das súas mesmas cores políticas”. E sinalan que “mentres algúns alcaldes só buscan rendibilidade política inmediata, desde o Partido Popular garantimos solucións”.
Balseiro e Martínez-Sierra confian en que “o traballo da man da Xunta e de Fomento, será quen de dar un impulso decisivo que lle demandamos desde o Parlamento, a estas importantísimas vías de comunicación”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



