A Biblioteca Pública Municipal de Foz, acaba de fallar o “Certame de Poesía de Nadal 2013” no que participaron numerosos alumnos/as de todos os colexios do Concello de Foz.
Polo mesmo, dende a concellería de cultura dan as gracias “aos colexios participantes, polo interese demostrado para este tipo de actividades e dos que en varios anos consecutivos xa tiveron tamén premio na fase provincial do certame en Lugo”.
A entrega de premios será o vindeiro mércores día 15 de xaneiro ás 19:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura.
CATEGORIA A
Miguel Río Gavín – 7 anos
Helena Celada Villarmea – 7 anos
Alba Castiñeira Barrera – 8 anos.
CATEGORIA B
Lucía Rodríguez Lanza – 9 anos
Juan Lestegás Soto – 11 anos
Alex Pedreira Blanco – 11 anos
Recordar tamén aos gañadores do XII Concurso de Postais Nadal 2013 e que recollerán os premios o mesmo día.
1º premio categoría infantil A – Bruno Rodríguez Docobo (7 anos)
2º premio categoría infantil A – Carmela Alonso Cuadrado (4 anos)
1º premio categoría infantil B – Daniel Alonso Mojardín (10 anos)
2º premio categoría infantil B – Vania Barral Cuello (10 anos)
1º premio categoría xuvenil – María Femenías Hermida (12 anos)
2º premio categoría xuvenil – Iñaki Burundarena Seco
Accesit especial: Ovidio Yañez López da Asociación de Discapacitados Virxe do Carme
De entre os gañadores a postal elexida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional, foi a de Bruno Rodríguez Docobo do Colexio Público Nº 1.
O premio especial ao colexio por tanto é para o COLEXIO PÚBLICO Nº 1.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



