Ribadeo, 11 de xaneiro de 2014. O proxecto Ribadeo Catedral do Mar retoma as súas actividades cunha serie de actos enfocados ao sector turístico e mariñeiro que se desenvolverán do 13 ao 30 de xaneiro. Segundo explican desde o Concello “o obxectivo é implicar ao sector do mar no proxecto, sensibilízalo e tutorizalo no ámbito do turismo mariñeiro”.
O vindeiro luns, 13 de xaneiro, na Casa do Mar haberá unha sesión teórica sobre o concepto do turismo mariñeiro e analizarase como se pode facer del unha actividade complementaria ás cotiás no mar. Será de 17:00 a 19:30 horas.
O martes, 14 de xaneiro, tamén na Casa do Mar terá lugar unha xuntanza con empresas e xente do sector do mar, para narrar a súa experiencia en turismo mariñeiro. Ás 17:00 horas intervirán as redeiras de Burela; ás 17:45 a protagonista será a ruta do mexillón de Arousa Norte; ás 18:30 horas falarase de roteiros, de rutas de sendeirismo cun interese histórico, cultural, etnográfico e gastronómico; e ás 19:15 a charla versará sobre construción e reparación de barcos de madeira.
A Casa do Mar acollerá o mércores, 15 de xaneiro, unha sesión práctica sobre como deseñar unha actividade de turismo mariñeiro.
As actividades do proxecto Ribadeo Catedral do Mar continuarán o 20 de xaneiro no hotel O Cabazo cun curso sobre rexiduría de pisos, dirixido a persoal de habitacións dos hoteis. Será de cinco a sete e media da tarde.
O 27 de xaneiro no Parador de Turismo haberá a partires das cinco da tarde un taller práctico sobre márketing online e redes sociais para turismo. Para o 29 de xaneiro hai prevista unha saída a un destino próximo para coñecer de primeira man unha experiencia de turismo mariñeiro, que sirva como exemplo de boas prácticas e coma fonte de inspiración e ánimo para emprender actividades deste tipo no concello de Ribadeo.
E xa o 30 de xaneiro terá lugar unha experiencia piloto de turismo mariñeiro, deseñada polos axentes do mar e cun público moi especial: o sector hostaleiro.























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



