A Directiva pon en coñecemento das socias e amigas do colectivo de mulleres “Fraga das Saímas” o propósito de poñer en marcha no mes de febreiro o Programa SPAbílate Muller, para o cal precisa saber o número de mulleres, e homes tamén, que desexan participar neste programa. O Circuíto Termal que Fraga das Saímas propón é o do Thalasso Cantábrico entre febreiro e marzo os venres ás 18.00 e os domingos ás 11.30 horas. Os interesados poden anotarse antes do 31 de xaneiro no teléfono 669 25 09 48. Thalasso Cantábrico combina os servizos de saúde e beleza coa auga mariña que teñen funcións tanto preventivas como curativas e que demostran ter un efecto moi positivo sobre a saúde.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



