“Os populares acadaron o consenso das outras formacións políticas (PSOE e BNG) durante a celebración este luns dun pleno extraordinario solicitado polo Partido Popular e na que como único punto do día recollía instar ao Concello de Mondoñedo a que se ampliara este prazo”.
Con este paragrafo da nota de prensa do PP de Mondoñedo, Unifoz quere “demostrarlle ao PP de Foz, e en especial ao seu Equipo de desgoberno co seu Alcalde ao fronte, que o que en Foz, non é posible, e Mondoñedo si é posible”.
O PP de Mondoñedo, presentou proposta para ampliar prazo de exposición pública do PXOM, UNIFOZ, presentou escrito e posteriormente moción para que a Corporación Municipal de Foz tratara este asunto, e o sr Castiñeira, nin deixou tratar o asunto, cun acto de chulería, prepotencia e non saber gobernar.
Dixo o Sr Castiñeira no Pleno, que este asunto é de Alcaldía, e non procedía, e curiosamente en Mondoñedo, o PP fai esa proposta dende a oposición.
Que diferenzas tan importantes hai entre un concello e outro, entre un Alcalde e outro, e sobre todo entre un PP de Mondoñedo e o PP de Foz, o Sr Castiñeira, que so obedece ordes dos que mandan na sombra, nin coñece o normal funcionamento dun Pleno.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



