Deputados provinciais participarán esta tarde nalgunhas das ducias de manifestacións que se celebrarán en multitude de cidades de todo o país, coas que numerosas plataformas sociais amosarán o seu rexeitamento ós recortes e ó desmantelamento do Estado de Benestar. Representantes do organismo provincial tomarán parte nas mobilizacións convocadas en Burela e Lugo, previstas para as 19:30 e 20:00 horas, respectivamente, coas que os veciños denunciarán o ataque que supoñen as políticas de recortes emprendidas polos Gobernos central e autonómico.
As manifestacións convocadas pola Alianza Social Galega, que agrupa ós principais sindicatos –CIG, CC.OO. e UXT- e a ducias de colectivos máis, contan co apoio de diferentes movementos, como as Mareas Blanca e Verde, en defensa da sanidade e da educación públicas, ou de emigrantes retornados, que sairán baixo o lema “Por outra saída da crise”, dando cabida a centos de reclamacións contras as reformas que están a desmantelar o Estado de Benestar.
O recorte nas pensións; o ataque á educación pública; a privatización da sanidade; a paralización da Lei de Dependencia; os ataques ás liberdades individuais da muller; a precariedade laboral e a redución dos salarios, ou o abandono do rural, son só algunhas das reclamacións que compartirá este xoves á cidadanía que se botará á rúa.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



