A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada pola Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, deu conta este mércores das actuacións levadas a cabo pola institución provincial en impulso das novas tecnoloxías na Mariña, e que supuxeron un investimento total de 355.000 euros en dotacións tanto para os Concellos, das que se beneficiarán directamente os veciños, como para empresas da Comarca.
Durante a visita, na que tamén estivo presente o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano, Méndez destacou que os 9 Concellos mariñanos adheridos ó Innova-TE contan cun paquete de 8 servizos tecnolóxicos, entre os que destaca a conexión wifi a Internet en espazos públicos e Consistorios de xeito totalmente gratuíto. Abadín, Burela, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto e Viveiro aforraron un total de 315.000 euros (un aforro estimado por Concello de 35.000 euros) grazas a este paquete tecnolóxico que a Deputación puxo en marcha, a custe cero grazas a este programa financiado ó 80% por fondos da Unión Europea. Hai que lembrar que Foz, malia sumarse nun principio, finalmente rexeitou participar deste novo paquete de medidas que permitía a instalación de puntos wifi gratuítos.
Méndez destacou que a Deputación puxo en marcha este plan para que “todos os lucenses, vivan onde vivan, conten coas mesmas oportunidades de acceder ás novas tecnoloxías, loitando así contra a fenda dixital”. A Vicepresidenta Segunda tamén destacou o feito de que estender o uso das novas tecnoloxías sexa unha das armas básicas que os expertos destacan para facer fronte ó despoboamento demográfico.
Ademais deste servizo de conexión a rede wifi gratuíta en prazas e consistorios, o Innova-TE permitiu otras prestacións como a mellora da calidade do servizo de banda longa; asesoramento para optimizar o uso da sede electrónica implantada na primeira fase do Innova-Te; a creación de novos portais web e a actualización de contidos xa existentes, así como a posta en marcha dun servizos de asesoramento tecnolóxico personalizado para resolver calquera dúbida dos Concellos.
30 empresas mariñás no Reacciona coas TIC
Tamén ó abeiro deste plan, o programa de impulso das Tic entre Pemes e autonómos da provincia, Reacciona coas TIC, un total de 30 empresas da Mariña puideron, grazas ó uso de software e formación gratuíta que o organismo provincial puxo á súa disposición, aumentar a súa competitividade. Negocios de Burela (9); Foz (4); Lourenzá (4); Ribadeo (5); Trabada (2); Viveiro (4); Ourol (1) e A Pontenova (1), que desenvolven diversas actividades como pescaderías, talleres, transporte de mercadorías ou comercios minoristas, obtiveron grazas a 40.000 euros deste programa -dotado con 200.000 euros-, as ferramentas tecnolóxicas necesarias para mellorar a súa xestión e competitividade no mercado de xeito totalmente gratuíto.
Como paso previo á posta en marcha das medidas necesarias, técnicos da Deputación realizaron en cada entidade participante un estudo individualizado e exhaustivo, cuxos resultados amosarían as posibles necesidades de mellora en formación e uso de Tics. Tras estas auditorías a Deputación instalou, a custe cero, diferentes solucións informáticas ó tempo que organizou obradoiros formativos en novas tecnoloxías para empresarios e traballadores, en materias como marketing e redes sociais; xeoposicionamento e xeomarketing; fidelización de clientes con boletíns electrónicos, ou aproveitamento dunha web ou blog empresarial.
A visita rematou cunha xuntanza cos responsables dunha destas empresas, radicada en Viveiro, Kiara, dedicada ó comercio minorista de moda téxtil e complementos, que deu conta ós responsables provinciais da súa experiencia particular no programa. De feito, a raíz da súa participación no Reacciona coas Tic, deron finalmente o salto á venda online.
Durante a xornada a Vicepresidenta Segunda e a Alcaldesa de Viveiro mantiveron un encontro con representantes dos 150 establecementos membros da Asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro, no que estes trasladaron as súas inquedanzas de cara ó futuro e a súa intención de poñer en marcha máis medidas de dinamización do sector.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



