A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada do Presidente da Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos (AFRICOR-Lugo), José Carlos Vega, e do Presidente da Asociación Frisona galega (AFRIGA), Juan Novo, presentou a VII Xornada Técnica de Produción de Leite que se celebrará este xoves, día 27de febreiro, na Facultade de Veterinaria. A cita servirá para dar conta dos últimos avances técnicos no eido do gando vacún de leite que, de ser aplicados polos gandeiros, poden mellorar a calidade do seu produto e aumentar así os ingresos nas súas explotacións.
Lara Méndez destacou o peso do sector gandeiro de leite na provincia, xa que Lugo rexistra o maior número de explotacións leiteiras de toda España, 14.600 granxas que reúnen 147.000 vacas de leite. A Vicepresidenta insistiu na necesidade de destinar fondos á investigación “para mellorar a competitividade das explotacións lucenses e como garantía da calidade da que sempre gozou o leite lucense” e recalcou o compromiso da Deputación con este sector. Lara Méndez recordou, concretamente, os investimentos realizados dende o organismo provincial en iniciativas de impulso ó sector, como a posta en marcha do primeiro Centro Público de Recría de España que estará en marcha no 2015; o Fórmate en Verde, que xa impulsou a creación de explotacións de produción de leite ecolóxico, ou o convenio asinado con AFRICOR para mellorar a calidade xenética do gando vacún frisón.
Pola súa banda, o Presidente de AFRICOR-Lugo, José Carlos Vega, agradeceu a colaboración da Deputación e destacou o elevado nivel dos participantes na xornada que poñerán de manifesto importantes conclusións de investigacións que poderán ser aproveitadas polas explotacións lucenses.
Destacados expertos
A VII Xornada Técnica de Produción de Leite celebrarase este xoves, 27 de febreiro, na Facultade de Veterinaria. A cita, que é de asistencia libre e gratuíta, está dirixida a gandeiros, investigadores e interesados no sector en xeral. O programa inclúe 6 conferencias e unha mesa redonda, nas que se abordarán temas xurídicos e técnicos de interese para o sector. Entre os participantes destacan o holandés Eile van der Gaast, product manager de Sloten; Alexandre Domingues, xefe de vendas de Innofarm; e Claudio Baldman, director do Centro de Alimentación da Covap.
Aposta polo sector gandeiro
A Deputación de Lugo aposta polo sector gandeiro da provincia e mantén unha estreita colaboración con diversas entidades como AFRICOR-Lugo, que é a asociación de control leiteiro máis grande de España. Agrupa a 1.750 explotacións lucenses nas que traballan 5.500 persoas, e nas que AFRICOR recolle datos para investigar novas técnicas que aumenten a produción dos seus asociados. Máis aló do emprego directo que xeran estas explotacións leiteiras asociadas, destaca o volume económico da comercialización e distribución do leite, que xera e fixa poboación no rural.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



