ADEGA ven de presentar a programación de Charcas para 2014 da man da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galiza. Verónica Tellado, Directora Xeral de Conservación da Natureza, xunto con Virginia Rodríguez, Presidenta de ADEGA e Lucía Parente Coordinadora de Charcas con Vida deron a coñecer as novas actividades programadas para este ano centradas na posta en valor e conservación das Charcas en Galiza.
A iniciativa Charcas con Vida comezou no 2013 coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente. Coa intención de dar continuidade ás actuacións de voluntariado e seguimento dos pequenos humidais galegos en 2014 o proxecto presenta a nova programación, desta vez contando coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas. As charcas son pequenas masas de auga, permanentes ou temporais, de gran valor ambiental e de elevada fraxilidade. Estes ecosistemas albergan interesantes poboacións de algas, plantas, anfibios, e invertebrados que precisan deste medio para vivir ou completar o seu ciclo vital. Moitas destes organismos están ameazados ou teñen requirimentos de hábitats moi específicos.
As charcas son tamén corredores biolóxicos que incrementan a conectividade entre hábitats. Moitas destas zonas húmidas constitúen importantes elementos patrimoniais e son espazos cun gran potencial para a educación ambiental e a investigación. Porén, a pesar da súa importancia, estes ecosistemas e os seus beneficios son a maioría das veces descoñecidos pola cidadanía, o que remata nunha ameaza constante e na súa desaparición. Coa intención de difundir os valores das charcas e de contribuír á súa conservación nace o proxecto Charcas con vida.
Divulgación da importancia e dos valores das charcas:
Nesta liña celebraranse dous cursos divulgativos co persoal do Servizo de Conservación da Natureza para coñecemento destes ecosistemas. Realizaranse charlas en asociacións, centros de ensino, ou noutros lugares que así o soliciten. Como parte desta liña editouse un manual divulgativo para as inspeccións de charcas no que colaborou a Dirección Xeral de Conservación da Natureza e que se ofrece aos voluntarios do proxecto. Tamén se deseñarán unhas fichas de identificación da fauna e flora típicas de charcas
Creación dunha rede cidadá para o inventariado e estudo de charcas:
O equipo de Charcas con Vida seguirá realizando saídas formativas para inspección de charcas coas entidades que así o soliciten. Estas saídas están abertas a centros de ensino, asociacións, entidades de calquera tipo ou grupos de amigos interesados. Así mesmo sigue dispoñible o inventario de charcas de Galiza onde calquera persoa pode sumar charcas grazas a ferramenta online dispoñible na web do proxecto (charcasconvida.org).
Actuacións de construción e recuperación de charcas mediante acordos de custodia do territorio e voluntariado ambiental:
Hai programadas 4 xornadas de voluntariado ambiental que se celebrarán ao longo de 2014, no Parque Natural do Invernadoiro, no Parque Natural do Xurés, na Reserva da Biosfera de Allariz e no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza. Para apoiar actuacións en charcas ADEGA ten editado tamén un Manual de construción e recuperación, que explica de xeito sinxelo os pasos a seguir para realizar este tipo de actuacións, amosando exemplos prácticos de actuacións realizadas en 2013, e que se distribúe de maneira gratuíta a quen o solicite.Calquera persoa que estea interesada en participar nalgunha das actividades descritas só ten que enviar un correo ou chamar por teléfono ao equipo de Charcas con Vida.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



