Amigos das viaxes organiza unha viaxe á Festa do Butelo da Fonsagrada o vindeiro domingo 23 de febreiro. O prezo da viaxe será de 30 euros incluíndo viaxe e cocido. A saída está prevista para as 07.30 horas dende Cangas pasando posteriormente por Nois, Fazouro, Foz e Vilaronte. Os interesados en reservar praza poden poñerse en contacto con Jaime no teléfono 609 822 649. Ademais, tamén están a preparar unha viaxe a Berlín, Praga e Viena que se desenvolvería entre o 21 e o 28 de xullo.
Amigos das viaxes achegarase á Festa do Butelo da Fonsagrada