Unha cita imprescindible co sendeirismo, a natureza e o turismo sostible
Navia, 6 de xuño de 2025. O domingo 15 de xuño celebrarase a XXXVIII edición da Travesía Internacional da Costa Naviega, unha marcha senderista de referencia no norte de España que cada ano reúne a miles de participantes. Declarada Festa de Interese Turístico do Principado de Asturias, esta travesía transcorre polas paisaxes máis emblemáticas do litoral naviego, integrados no Carreiro Azul.
O evento está organizado polo Grupo de Montaña e Aire Libre Peña Furada, unha entidade comprometida desde hai décadas coa promoción do sendeirismo, a educación ambiental e a posta en valor do patrimonio natural. Grazas ao seu labor constante, esta iniciativa non só adquiriu proxección internacional, senón que contribuíu a fortalecer a identidade local e o recoñecemento dos nosos recursos naturais e turísticos.
Cun percorrido que discorre por espazos como a Reserva Natural de Barayo, a praia de Frexulfe, Coedo, El Moro, La Bragada ou Puerto de Vega, a travesía ofrece a quen a realiza unha experiencia inesquecible que combina deporte, paisaxe e convivencia.
A inscrición está aberta desde o 31 de maio ata o 13 de xuño, na Casa do Deporte de Navia (de 19:00 a 21:00h) e nos días previos (luns e xoves, no mesmo horario). As persoas interesadas poden solicitar máis información escribindo a: penafuradanavia@gmail.com.
Nesta edición, como cada ano, espérase unha alta participación, con colectivos chegados desde distintos puntos do país e do estranxeiro. Un evento multitudinario que supón un impulso para o comercio e a hostalería local, e que reafirma a Navia como destino clave de natureza, deporte e turismo activo.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



