O delegado territorial, Javier Arias, explica que as achegas poden acadar os 35.000 euros para facilitar os primeiros pasos dos proxectos empresariais emerxentes
Lugo, 6 de xuño de 2025. As achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para fomentar o emprendemento axudaron a impulsar 108 negocios na provincia de Lugo a través da convocatoria de 2024. As contías concedidas suman case 850.000 euros.
Así o explicou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, durante a visita a un destes establecementos, a cafetería La Parisina, no centro histórico da cidade lucense. En todo o municipio aprobáronse 280.500 euros en achegas para apoiar 38 iniciativas empresariais. No resto da provincia hai beneficiarios en 34 concellos repartidos por todas as comarcas.
Arias informou tamén da nova convocatoria deste programa, que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o día 30 de xuño. Poderán optar a estes apoios autónomos, mutualistas, pequenas e medianas empresas, cooperativas e sociedades laborais que se constituíran ou se deran de alta dende o 1 de xaneiro de 2023.
“O obxectivo é facilitar que as iniciativas emprendedoras que se atopan na súa fase máis emerxente dean os primeiros pasos”, afirmou o delegado. As achegas poden acadar os 35.000 euros. Cobren gastos en equipamento informático, mobiliario, eficiencia enerxética, reforma de locais, compra de activos pertencentes a establecementos existentes ou bens de equipo de segunda man, gastos notariais e de rexistro, así como alugueiros.
Detalles da orde
A principal novidade deste ano é que se reforza de forma específica o apoio á remuda xeracional, co fin de garantir a continuidade de negocios viables. Outras novidades son a simplificación dos tramos subvencionables co fin de axilizar a xestión administrativa; e a adaptación estratéxica dos investimentos máximos á realidade económica dos autónomos e as pequenas e medianas empresas, principais protagonistas do tecido produtivo galego.
Esta liña de axudas complementa outras medidas da Xunta como a implantación dunha Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que conta con cinco oficinas na provincia. Estes centros brindan apoio integral ás persoas emprendedoras que boten a andar unha actividade económica. Ademais, súmanse outras liñas de achegas como as contempladas na orde unificada de axudas para autónomos, dotada con máis de 40M€.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



