A subdelegada destaca o labor do Goberno de España para vertebrar o territorio e mellorar a empregabilidade da mocidade
Lugo, 5 de xuño de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, alentou hoxe a estudantes do Campus de Lugo da USC e ás entidades públicas e privadas dos 55 concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes a participar no programa ‘Campus Rural’ que impulsa o Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico coa colaboración do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE).
A iniciativa permite que estudantes universitarios poidan levar a cabo prácticas en concellos de zonas rurais con problemas de despoboamento. No 2025 haberá 750 prazas coa participación de 44 universidades públicas do conxunto do Estado nesta cuarta edición do programa, cuxas bases pódense consultar na web: https://www.miteco.gob.es/es/reto-demografico/temas/campus_rural.html
Isabel Rodríguez sinalou que o principal obxectivo do programa é contribuír ao reequilibrio territorial, incentivando a chegada de capital humano aos espazos máis despoboados para dinamizar o seu tecido produtivo, social e institucional.
As prácticas académicas realizaranse en entidades situadas en zonas de vulnerabilidade territorial, tanto concellos como mancomunidades e outros organismos públicos, así como empresas, asociacións, Cámaras de Comercio e fundacións sen ánimo lucro.
Haberá unha prestación económica de 1.000 euros brutos ao mes por estudante, xunto aos gastos de seguridade social, sen ningún custo para as entidades. A duración das prácticas poderá ser de dous a cinco meses, ata o mes de novembro, e terase en conta a oferta de solucións habitacionais para o estudantado participante.
A subdelegada puxo en valor o labor constante e o firme compromiso do Goberno de España para avanzar en políticas de vertebración do territorio e mellorar a empregabilidade da mocidade.
CONCELLOS DA PROVINCIA DE LUGO
A provincia de Lugo ten 67 concellos e 55 deles contan cun censo inferior aos 5.000 habitantes, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) do ano 2024.
Trátase dos concellos de Cospeito, Cervo, Monterroso, Friol, O Saviñao, O Corgo, Mondoñedo, Xove, Palas de Rei, A Fonsagrada, Quiroga, Barreiros, Begonte, A Pastoriza, Becerreá, Taboada, Guntín, Láncara, Castroverde, Baralla, Pantón, Abadín, Sober, A Pontenova, Lourenzá, Carballedo, O Valadouro, Antas de Ulla, Meira, Xermade, A Pobra do Brollón, Paradela, O Vicedo, Pol, Alfoz, O Incio, Rábade, Bóveda, O Páramo, Portomarín, Samos, Cervantes, Riotorto, Baleira, Trabada, Ourol, Navia de Suarna, Folgoso do Courel, As Nogais, Ribas de Sil, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Muras, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



