Burela, 5 de maio de 2025. A Xunta de Persoal do Hospital da Mariña explica que O SERGAS continúa “vendendo” os reforzos dos últimos días, que son só froito das concentracións diarias, e non son a solución.
“Citáronse masivamente primeiras consultas de doentes fundamentalmente de Cardioloxía. Primeiras consultas que engrosan as listas de agarda de revisións, as cales continúan a ser inaceptables”, engaden.
“No caso de Medicina Interna no mes de maio enviouse á planta de hospitalización un facultativo especialista e dous residentes en formación. Iso permitiu a citación de varias consultas diarias por parte do persoal do centro. Os datos das primeiras consultas que renderá o SERGAS en xuño ben seguro serán mellores que as de Decembro. Os datos das revisións?? Continuaremos agardando por elas”, sinalan.
“Dos 17 profesionais que terían que incorporarse por procesos de oposición iniciados no 2022 (non como contratacións extras nin moito menos) inda non se sabe nada. Os procesos siguen sen resolverse”, aclaran.
As medidas claramente insuficientes e que son parches deficitarios son unha resposta á mobilización social de profesionais e doentes que durante case 40 días estivemos visibilizando a situación.
ROBOT DA VINCI
“Na cirurxía robótica estanse acreditando os profesionais da Mariña para operar aquí ós seus pacientes», en relación a la técnica y robot Da Vinci, en la que Burela ya está integrada”, afirma Ramón Ares,
“O esforzo facémolo as profesionais e profesionais indo alí, ademais levamos meses esperando pola acreditación, que segundo a representate do robot, falta unha firma do SERGAS que nunca chega”, aclaran.
Dende o colectivo afirman que “non hai integración e que a dispoñibilidade do robot é dun día ao mes”.
A Xerencia falta á verdade
“É por iso que temos que continuar loitando sen descanso para que a Consellería ofreza solucións reais e contundentes”, reafirman dende o colectivo.
Fan un chamamento masivo a profesionais e doentes a participa na macroconcentración do 12 de xuño ás oito da tardeno Hospital da Marña.
“A nosa saúde está en xogo e debemos defendela”, conclúen.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


