A alcaldesa Mariña Gueimunde e o concelleiro Vicente Vázquez recolleron a distinción no acto que se celebrou en Ponteceso
Viveiro, 5 de xuño de 2025. Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, e o concelleiro Vicente Vázquez recolleron onte a bandeira azul que lle foi concedida un ano máis á praia de Area pola ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor). Esta distinción recoñece os altos estándares da praia de Area en materia de medio ambiente, servizos e accesibilidade para os visitantes. O acto, organizado pola Xunta de Galicia, celebrouse na praia de Balarés, no Concello de Ponteceso.
Mariña Gueimunde afirmou que «é un orgullo para o noso concello recibir un ano máis este recoñecemento que certifica a calidade e o coidado da nosa costa. A bandeira azul é froito do traballo conxunto de veciñanza, servizos municipais e entidades locais comprometidas coa sustentabilidade e a excelencia ambiental».
O Concello de Viveiro tamén está a facer xestións para a contratación de cinco socorristas para, previsiblemente, empezar a prestar o servizo de socorrismo na praia de Area a partir do 1 de xullo. As bases e a convocatoria do proceso selectivo publicaranse no BOP e un dos requisitos indispensables dos aspirantes é que estean desempregados.
Por outra parte, o Concello de Viveiro vén realizando desde o 1 de xuño tarefas de limpeza e apertura dos baños nas praias. O servizo manterase activo ata o 30 de setembro.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



