Fon 38 os participantes na tirada de Vilachá da Liga de Bolos de Xove.
Liga Sénior Masculina
Non foi posible nesta tirada. Álex Meitín terá que esperar á vindeira tirada de Morás para proclamarse matematicamente vencedor desta XXVª edición da tirada de bolos de Xove; xa que o seu segundo posto non foi suficiente. A pesar de que ampliou a súa vantaxe a 25 puntos sobre José Rafael, aínda quedan 26 máximo por disputar (12 puntos máis un punto da bolada en cada unha das dúas tiradas que quedan). O mesmo que Alex, Rafa tampouco puido pechar matematicamente o seu subcampIonato, xa que ten os seus inmediatos perseguidores a 24 puntos. Con toda seguridade, ambos certificarán en Morás as súas respectivas posicións.
Por detrás, Jose Vigo amplía a súa vantaxe sobre os tres inmediatos perseguidores, e con 90 puntos aumenta as súas opcións ao podio final. Tamén por detrás, Sócrates Campo con 83 puntos e posibilidades aínda de ascender, Arturo Vigo con 82 puntos, lesionado do brazo dereito e practicamente descartado desta liorta, e Francisco Pérez, quen con 80 puntos logra sumarse a ese grupo perseguidor de Jose Vigo. Polo tanto, nas dúas tiradas que quedan veremos unha forte loita por esa terceira praza no podio final.
Aínda así, segundo as Bases e Normas desta Liga, ademais dos tres primeiros, hai premios e trofeos para os 12 primeiros clasificados.
Liga Sénior Feminina
Con Belén xa campioa, nesta Liga aprétase máis, se cabe, a clasificación e a loita polas dúas prazas que quedan no podio. Dolores Baño e Paula Campo non foron capaces de puntuar, o que aproveitaron Salomé Bermúdez e Concepción Piñeiro para achegarse na clasificación. Aínda así, Dolores Baño ten unha respetable vantaxe de 7 puntos sobre as súas inmediatas perseguidoras, o que a fai claramente favorita para obtención da segunda praza final. Para o terceiro posto, practicamente nun pano, temos a Paula Campo e Salomé Bermúdez con 38 puntos, e a Concepción Piñeiro con 36.
Segundo as Bases e Normas desta Liga, ademais das tres primeiras, hai premios e trofeos para as 5 primeiras clasificadas.
Liga Sub 18
A vitoria de Daniel López, ao que se sumou o magro 4º posto acadado por Salomé Cardoso, fai que con 9 puntos de vantaxe e dúas tiradas por disputar, Daniel López sexa virtual vencedor desta competición. O máximo de 12 puntos que quedan por disputar (6 máis 1 da bolada en cada tirada) fan que a Salomé lle sexa moi difícil recuperar eses puntos no pouco que queda por xogar. Iso sí, Salomé, con 11 puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores ten practicamente asegurado o subcampionato. Polo tanto, podemos dicir que queda un posto de honra por disputar; para esta terceira praza temos a Isaías Cardoso con 45 puntos e que recuperou esta semana esta posición, e a Miguel López con 43 puntos, que leva dúas tiradas (a de A Vara e esta de Vilachá) sen puntuar. Polo tanto van ser eles dous os que lle aporten emoción a esta Liga nas dúas últimas tiradas que restan.
Segundo as Bases e Normas desta Liga, ademais dos tres primeiros, hai premios e trofeos para os 5 primeiros clasificados.
A vindeira tirada terá lugar no CENTRO SOCIAL DE MORÁS o vindeiro sábado 22 de febreiro de 2014.
CAMPIONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ ( 15 FEBREIRO 2014) 38 INSCRITOS: 21 NA LIGA SENIOR, 10 NA LIGA SUB 18 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 326 | 12 |
SEGUNDO | ALEX MEITÍN SERANTES | 306 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 306 | 8 |
CUARTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 299 | 7 |
QUINTO | ADÁN RODRÍGUEZ ROCA | 297 | 6 |
SEXTO | JOSE VIGO LAGE | 281 | 5 |
SÉTIMO | MRCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 275 | 4 |
OITAVO | JORDI MEITÍN SERANTES | 259 | 3 |
NOVENO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 256 | 2 |
DÉCIMO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 248 | 1 |
MELLOR BOLADA | LUIS RANCAÑO BOUSO | 91 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 215 | 6 |
SEGUNDO | LAURA IGLESIAS MARIÑO | 153 | 4 |
TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 150 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 135 | 2 |
QUINTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 134 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 62 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 153 | 6 |
SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 138 | 4 |
TERCEIRO | BRENDA SUÁREZ AZOGUE | 134 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMUDEZ BEN | 128 | 2 |
QUINTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 119 | 1 |
MELLOR BOLADA | BRENSA SUÁREZ AZOGUE | 67 | 1 |