Cervo, 3 de febreiro de 2014- O Servizo de Asesoramento Nutricional esténdese a partir desta semana ás parroquias. Un servizo que dende principios de ano vense prestando en San Cibrao (Casa da Cultura e piscina) e Cervo (Ecomuseo) e que está rexistrando bos niveis de demanda.
Agora, a delegación de Servizos Sociais decidiu ampliar os lugares de impartición e levalo tamén polas parroquias. Por este motivo, comezaron a ofrecerse charlas-presentación: Hoxe, na escola de San Román (16 h.), e o venres na escola de Rúa (17 h.) e no local social de Trasbar (19 h.). Nesta primeira toma de contacto unha especialista en dietética e nutrición explica os detalles do servizo e ao mesmo tempo fai consideracións xerais sobre alimentación saudable e equilibrada.
En concreto, o Servizo de Asesoramento Nutricional é personalizado, polo que cada usuario pode achegarse, explicar a súa situación a nivel de saúde e as súas necesidades. Con eses datos a nutricionista estuda cada caso e elabora menús (no caso de existir patoloxías tamén se teñen en conta), ofrece consellos e planifica rutinas alimenticias. Un servizo que ademais require un seguimento continuado e periódico para controlar a evolución do usuario.
Despois destas charlas-presentación, o servizo porase en marcha cos seguintes horarios: Escola de San Román, luns de 16 a 18 horas; escola de Rúa, venres de 17 a 18:30 horas e local social de Trasbar, venres de 19 a 20:30 horas. Para acudir é necesario solicitar cita previa no teléfono 691 65 66 00.
Ao mesmo tempo, o servizo séguese prestando na Casa da Cultura: os luns de 17 a 19:30 horas; os martes, mércores e venres de 9 a 13:30 horas e os xoves de 9 a 13:30 e de 18:30 a 20 horas; na piscina de Lieiro: os luns de 10:30 a 13:30 horas; martes e mércores de 17 a 19:30 horas; e no Ecomuseo de Cervo: os xoves de 16 a 18 horas.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



