O Concelleiro do Grupo Municipal do Partido Independentes de Viveiro (iVi), Guillermo Leal, presenta para o seu debate no Pleno varios rogos. Por unha banda, comeza pedindo explicacións pola partida orzamentaria para o exercicio 2014 para continuar coas obras na antiga Casa dos Calvo Sotelo; ademais, de preguntar polas tres portas que “desapareceron”.
Por outra banda, “da parcela contigua a correos, no Lodeiro, cedida no seu día a Tesorería da Seguridad Social, volta a estar chea de baches, socavóns e poceiras, rogamos nos informen como se atopa a solicitude para a reversión do terreo o Concello, para poder arranxar ese espacio”.
Tamén “existen varios desaugues, un fronte o pavillón municipal, e o outro o pé da Opel, e dado que por eles sae de todo, ademais dun olor nauseabundo e dunha imaxe deplorable, rogamos nos indiquen se está prevista algunha actuación neses dous focos, e así memos, dado que saíra fai bastante unha noticia nun xornal de que ía actuar a Xunta de Galicia na ría de Viveiro, nos informen se se ten algunha constancia oficial no Concello”.
“Dende fai moito tempo, o ansíado plan de tráfico está en tramitación rogamos nos informe en que punto se atopa dita actuación”, manifesta Guillermo Leal.
“Así mesmo e a pesar do tempo transcurrido dende que se iniciou o plan xeral de ordenación municipal, rogamos unha explicación dos pasos seguidos e en que punto se encontra o expediente”.
Tamén “temos varias queixas de conductores sobre o pintado das estrada, LU-540 e C-640 que unen Viveiro con Muras, dado que cando hai néboa ou chove (con bastante frecuencia), non se ven as liñas. Por elo rogamos o equipo de goberno que faga as xestións oportunas para o repintado desas estradas”.
E, “por parte deste grupo municipal temos suxerido e preguntado polo edificio que perteneceu a Mariña Occidental, na Avda. Ramón Canosa. Dado que saíu na prensa días pasados que por parte da Xunta cederíase o Concello, rogamos nos indiquen como esta esa tema”, finaliza.