O Burela FS Pescados Rubén xa é semifinalista da Copa Xunta de Galicia tras a vitoria deste martes fronte ao Parrulo FS (1-3), de Segunda División. Os pupilos de Juanlu recibirán en Vista Alegre o Azkar Lugo FS no seguinte chanzo, antes da final, coa data aínda pendente de acordar entre os dous equipos.
O cadro mariñán, con numerosas ocasións aínda que tamén con falta de acerto en finalización, puido adiantarse cun tanto temperán, no minuto 4, de Burrito. “A oito minutos para o descanso cargámonos de faltas e vímonos obrigados a especular e protexernos para garantir a vantaxe do 0-1” xustificaba o técnico laranxa.
“No segundo tempo comezamos moi ben e puidemos resolver o encontro” aseguraba Juanlu, incidindo na rápida reacción goleadora do equipo, con Matamoros, xa no 21, e de novo Burrito, no 24. “Despois a cita perdeu ritmo porque nos relaxamos” admitía o adestrador mariñán, nunha cita que chegou á bucina final con 1-3, nun disparo de Oly a tres minutos para o desenlace, que tocou no corpo de Iago Míguez.
“A Copa Xunta é unha competición á que lle temos moito respecto e queremos facelo ben, ademais agora, en semifinais, toca un encontro con moita motivación ante o Azkar. A nosa intención é xogar a próxima semana, se non pode ser haberá que deixalo para o mes de marzo” explicaba o técnico laranxa.
O Cidade de Narón será un dos protagonistas da outra semifinal, despois de vencer ao Noia FS (4-2); o seu rival decidirase o venres no enfrontamento entre Pazos de Borbén e Santiago Futsal (21.00 horas).
Ficha técnica
O Parrulo FS: Canoli, Óscar, Villas, Jacobo e Borja, no cinco inicial; tamén xogaron Isma, Oly, Cagi, Bebeto e Christian
Burela FS Pescados Rubén: Álex, Mimi, Burrito, Matamoros e Carlitos, no cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Isi, Juanma e Antoñito
Árbitros: Trebolle González // Bello Castro (Lugo)
Goles: 0-1, minuto 4, Burrito; 0-2, minuto 21, Matamoros; 0-3, minuto 24, Burrito; 1-3, minuto 37, Oly
Tarxetas: Polo Parrulo FS, Jacobo foi expulsado por dobre cartón amarelo; por Burela FS, amarelas a Isi e Matamoros
Incidencias: Partido correspondente a cuartos de final da XXIII Copa Xunta de Galicia, disputado no pavillón ferrolán da Malata.
*FOTO: Partido de liga entre Burela FS e Azkar (Vista Alegre) -A Caixa Escura Producións-




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
